займ срочно

Teo pide a Medio Ambiente que paralice a actividade na Casalonga

0

Teo, 19 de febreiro do 2020 – O concello de Teo ven de solicitar a Medio Ambiente a paralización da actividade na canteira da Casalonga.

A suspensión cautelar solicitada para a Casalonga basease no incumprimento da da Declaración de Impacto Ambiental do proxecto.

A solicitude municipal reclama a revisión das condicións actuais da explotación mineira en relación cun posible incumprimento da Declaración de Impacto Ambiental. O concello argumenta que existe unha expediente sancionador incoado por parte de Augas de Galicia no que, como proposta de resolución, se di que “o denunciado está a actuar intencionadamente…e ademais que está a persistir na conducta infractora…”. O expediente iniciouse polo vertido de augas residuais á cunca do río Tinto co baleirado da lagoa, incumprindo autorizacións ditadas pola propia Augas de Galicia.

En base a isto a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, que asina o escrito remitido a Medio Ambiente, destaca que hai un incumprimento do condicionado 3 da DIA do 2001 sobre a protección de Augas, que concreta unha serie de medidas para evitar vertidos como o que se está a dar na canteira. Tamén se considera que existen incumprimentos de protección do solo, da fauna, paisaxística así como de restauración e vexetación.

En base ao exposto a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, pide que “se realice a revisión e inspección do cumprimento da DIA de data 9 de xaneiro de 2001, modificada con data 3 de abril do mesmo ano para a concesión mineira Casalonga II”. Dende o Concello enténdese que existe un incumprimento desta declaración de impacto ambiental polo que se pide “en caso de comprobar tal incumprimento, se proceda ao establecido na propia DIA, condicións adicionais número 12.8 e 12.9, ben á suspensióin cautelar ata a corrección dos incumprimentos, ben ao peche cautelar e a adopción de medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente” indica Lemus.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies