займ срочно

Casalonga, crónica dunha voadura

0

Teo, 29 de outubro – O anuncio dunha voadura na canteira da Casalonga, prevista para as dez e media da mañá de este martes, apagaba a ilusión da manifestación do pasado domingo.

Toysal, a empresa que pretende situar un vertedoiro nos terreos da canteira, agarrouse a un silencio administrativo para “reiniciar a actividade”.

A voadura chega despois do intento de baleirado da lagoa paralizado por augas de Galicia, despois de máis de mil alegacións non resoltas, e grazas, en parte, a lentitude dalgunhas institucións a hora de resolver os distintos procesos abertos. Non será a única se ninguén os para xa que a previsión, según algunhas fontes, é de que se produzan dúas ao mes.

Presuntamente a intención é conseguir, con este suposto reinicio da actividade, encher a lagoa de pedras e eliminar o conflito medio ambiental que supón a biodiversidade que de xeito natural aflorou.

Crónica dunha voadura

 

As nove e cuarto comezaron a subir os veciños cara a estrada que bordea a canteira. Esta estrada é, en principio, de titularidade municipal pero algunhas informacións apuntan que Toysal xa denunciou ao concello reclamándoa a súa propiedade.   

A Garda Civil agardaba acontecementos. Por razóns de seguridade deberían cortar a estrada. Tamén entra nas súas responsabilidades os movementos dos explosivos para facer a voadura.

A tensión dos veciños, que non vían que se puidera parar a explosión, crece tamén ao saber que a voadura é responsabilidade do antigo dono da canteira,subcontratado por Toysal e veciño da Casalonga.

Hai que marchar

En torno as once da mañá a Garda Civil avisa da necesidade de desaloxar a estrada e situarse fora dentro do límite de seguridade. Unha serie de veciños deciden quedar mentres a maioría seguen as indicacións e comezan a camiñar e a mover os coches.

A discusión entre os corpos de seguridade e os que deciden quedar sube de intensidade. Os veciños se queixan amargamente do que supón permitir a voadura pero pouco a pouco van entrando en razón e tras quince minutos afástanse tamén do lugar.

Unha sirena

Con todos os veciños dentro do perímetro de seguridade os operarios da canteira chegan en un coche e sitúanse a pouco máis de dez metros. Preparan todo para facer a detonación e comunícanse cos outros traballadores.

Cerca das once e media soa por tres veces unha sirena que avisa da explosión que chegará a continuación. Co estoupido de novo suben os gritos e os insultos cara aos responsables.

Tensión contra o veciño

Cando a veciñanza volve cara ao lugar onde estaban, para comprobar como quedou a lagoa, alguén descobre que un dos responsables, o antigo propietario e responsable da subcontrata e da voadura está mirando desde un alto o resultado da explosión. A maioría dos veciños paran e comezan a increpalo; a Garda Civil tense que poñer no límite da propiedade da canteira para impedir o acceso e o posible altercado. Tras quince minutos de escoitar insultos o responsable da empresa marcha nun coche que chega a ser golpeado polos alí presentes.

Unha batalla perdida unha guerra por gañar

Mentres se perdía unha batalla intentábase gañar outra. Pasadas as doce do mediodía representantes da Plataforma reuníanse coa Fiscalía de Medioambiente. A pasada semana presentaran unha denuncia polo baleirado da lagoa e agora obtiñan un compromiso de que a Fiscalía comezaría de inmediato a reclamar documentación a Dirección Xeral de Minas, a Augas de Galicia e mesmo reclamarían a empresa o plan de labores. Solicitarán ademais un informe do Seprona sobre a situación na que se atopa na actualidade a lagoa e a canteira.

Son pasos curtos pero seguros cara a unha paralización pola vía legal. É un capitulo máis dentro dun proceso no que a cidadanía debería ter a última palabra pero no que se obriga a estar permanentemente en garda.

Casalonga voadura

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies