Bisbarra, 25 de outubro do 2023 – O BNG de Teo levará ao vindeiro pleno unha proposta para reclamar da Consellería de Educación a modernización do CEIP de Calo.
Os nacionalistas explican que o CEIP de Calo é unha construción dos anos 70 que sufriu un deterioro constante debido á falta de investimento estrutural nas últimas décadas.
A este deterioro sumouse nos últimos anos un continuo aumento de poboación no concello. A situación actual é de falta de espazo e unhas instalacións desfasadas que non garanten a mellor educación para o alumnado nin que o mestrado poida exercer o seu traballo de xeito óptimo.
O BNG entende que “sería positivo que o conxunto da corporación se comprometese a demandar e defender ante a Consellería de Educación da Xunta de Galiza a modernización integral e a ampliación do Centro”. Os nacionalistas, tras reunirse coas ANPAS, decidiu propoñer ao pleno que “se solicite á Consellería de Educación da Xunta de Galiza a reforma integral cunha ampliación e modernización do CEIP de CALO para que responda as novas necesidades educativas e cumpra coas normativas vixentes en materia de eficiencia enerxética, accesibilidade e seguridade”.