займ срочно

Teo acondiciona pasos de peóns accesibles para as persoas con TEA

0

Teo, 8 de abril do 2021 – Os pasos de peóns no entorno dos colexios de Teo terán pictogramas para favorecer a accesibilidade das persoas con TEA

Teo co TEA

A campaña Teo co Tea impulsada pola Concellaría de Educación en colaboración coa Asociación BolboreTEA continúa coa instalación de pictogramas nos pasos de peóns dos colexios. Hoxe terá lugar un acto público no entorno do CEIP dos Tilos no que participará Hugo Sanmartín, futbolista da SD Compostela e divulgador da realidade das persoas con TEA.

A través desta iniciativa instalaranse pictogramas, en pasos de peóns próximos aos colexios e en semáforos, empregando imaxes homologadas por ARASAAC. Isto favorecerá a accesibilidade cognitiva das persoas co trastorno do espectro autista, e tamén serán beneficiosos para os que teñen outro tipo de dificultades cognitivas, a terceira idade e ás que lles custe comprender a información viaria.

Para a inauguración contarase coa presenza do deportista Hugo Sanmartín, escritor e creador do blog “El viaje de Hera” onde plasma a experiencia da súa filla e dalle visibilidade ao autismo. Estarán tamén presentes as familias da asociación BolboreTEA.

Segundo indican dende a Concellaría de Educación esta campaña terá continuidade durante todo o ano na procura de dar a coñecer a realidade do espectro autista e sensibilizar á veciñanza, ás familias e á sociedade en xeral, así como mellorar as destrezas persoais e sociais das persoas con autismo e fomentar a súa independencia persoal e inclusión na sociedade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies