займ срочно

Surrealismo e deseño no Gaias

0

Compostela, 5 de abril do 2022 – O MNuseo centro Gaias acolle desde este próximo xoves a exposición “Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño, 1924 – 2020”.

A mostra  explora o intercambio e diálogo entre o surrealismo e o deseño contemporáneo ao longo dos últimos 100 anos. A exposición abrirá as portas ao día seguinte, venres 8, e conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Cidade da Cultura e no marco do Xacobeo 21-22. Conta co patrocinio de Hugo Boss e o apoio de Art Mentor Foundation Lucerne.

Surrealismo e deseño

O proxecto organizado pola Fundación “la Caixa” e o Vitra Design Museum, un dos museos máis importantes do mundo no eido do deseño, 2020 trae a Compostela icónicas obras de artistas como Man Ray, Salvador Dalí, Giorgio de Chirico ou Le Corbusier,

Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño, 1924 –  engade  nomes do deseño contemporáneo: desde Ray Eames a Ingo Maurer, Gae Aulenti ou Frederick Kiesler, entre outros moitos.

As obras exhibidas proceden na súa meirande parte dos fondos do Vitra Design Museum (na localidade alemá de Weil am Rheim), pero tamén doutras coleccións internacionais como as da Fondation Le Corbusier de París, a Fondazione Giorgio e Isa De Chirico de Roma, o Design Museum Den Bosch de Holanda ou a Fundación Gala-Salvador Dalí, entre outras moitas.

Estes días estanse a ultimar no Museo Centro Gaiás os traballos de montaxe desta exposición que vai poder visitarse na Cidade da Cultura ata o vindeiro 28 de agosto, con entrada de balde, de martes a domingo e de 10,00 a 20,00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies