займ срочно

O SUP confirma a presencia de policías de paisano na manifestación do sábado en Compostela

0

Compostela, 12 de xuño do 2017 – O Sindicato Unificado de Policía, SUP, confirmou que desde as 5 da tarde policías de paisano estaban traballando en Compostela e explican que é unha práctica habitual.

Despois da manifestación déronse críticas nas redes sociais a actuación dos policías non uniformados, especialmente por impedir presuntamente o traballo dos xornalistas e impedir en algún momento que se tomaran imaxes.

O SUP en un comunicado emitido na tarde de onte informa de que foron 200 os axentes chegados desde Vigo e Coruña e pertencentes as UIP, Unidades de Intervención Policial. O SUP aproveita para insistir na necesidade da presenza permanente na cidade dunha unidade da UIP, unha demanda que fan desde hai bastante tempo.

O resultado da manifestación foi de 16 persoas trasladadas a comisaria con fin de ser identificadas, que foron postos en liberdade de inmediato, e dous detidos por resistencia a autoridade que foron postos en liberdade con cargos. A policía informa tamén de que incautou pancartas, paus e escudos.

A manifestación que partiu da Alameda desviouse cara a zona nova ao non poder acceder ao casco histórico. Un pequeno grupo accedeu ao edificio do antigo colexio Peleteiro e foi desaloxado pola policía con botes de fume despois de que algúns abriran o portalón para saír.

Distintas fontes destacaron a actitude pacífica dos manifestantes do sábado que non confrontaron coa policía e se limitaron a sentarse no chan cando non puideron avanzar mais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies