Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Dodro
  • Xeral

Dodro reclama que se atendan as alegacións contra Altri

Concello-de-Dodro-slide_102320_r

Bisbarra, 13 de maio do 2024 – O pleno ordinario de maio en Dodro deixou abundantes discusións e a agrupación política Xente de Dodro votando en contra da maioría dos puntos da orde do día.

Xente de Dodro, o grupo do ex alcalde Valentín Alfonsín Somoza, foi moi criticado pola actitude ao longo de todo o pleno. Todas as súas votacións foron en contra excepto dúas nas que votou a favor da instalación da celulosa de Altri e abstívose no demanda de creación dun protocolo para previr calquera tipo de acoso no concello.

Altri

A intención da portuguesa Altri de instalar unha celulosa en Palas de Rei foi un dos asuntos destacados xa que centrou dúas da mocións en sentidos opostos. A de Unidade Veciñal de Dodro pedía que as distintas Consellerías implicadas estimen as alegacións presentadas polos distintos colectivos, entre eles o propio concello de Dodro. Foi aprobada cos 6 votos a favor de PSdeG, UVD e BNG, votando en contra os 5 concelleiros de Xente de Dodro e Partido Popular.

A segunda moción foi presentada polo PP e pedía nun primeiro punto o apoio para a planta de Altri e, nun segundo acordo, instaba á Xunta de Galicia a dar prioridade ao proxecto. A moción foi rexeitada  cos 6 votos en contra de PSdeG, UVD e BNG e 5 a favor de XD e PP.

SAF e Casa do Regadío

O PSdeG presentou unha moción na que reclama da Xunta de Galicia o financiamento completo  do Servizo de Axuda no Fogar por ser, da súa competencia. Foi aprobada cos 6 votos a favor de PSdeG, UVD e BNG, e 5 en contra de XD e PP.

O BNG presentou unha moción para que o concello busque nas administracións os recursos necesarios para rehabilitar a Casa do Regadío co fin de que poida albergar actividades. Desde o equipo de goberno lembrouse que se está á espera da resolución dunha axuda solicitada no anterior mandato con este fin. A moción foi aprobada cos votos a favor de toda a corporación excepto os tres concelleiros de Xente de Dodro que votaron en contra.

Outros temas

O pleno aprobou tamén, coas únicas abstencións de Xente de Dodro, unha moción do Partido Popular solicitando a elaboración dun protocolo de actuación para previr e responder á situacións de acoso de calquera tipo que se puideran dar no concello. Por outra banda saíu adiante unha moción de Unidade Veciñal de Dodro para solicitar á Deputación a construción de unha  senda peonil da DP-3302 desde a Casa do Concello ata a Igrexa de Laíño. O Grupo de goberno do PSdeG-PSOE recordou en este punto que leva dende o ano 2019, loitando por este proxecto,  e con conversas coa Deputación para conseguilo. 

A sesión aprobou ademais un recoñecemento extraxudicial de crédito e ratificou dúas resolucións da alcaldía sobra a aprobación de dous convenios de colaboración, en materia de emprego, con concellos de Rois e Padrón. A aprobación de estes convenios en materia de emprego recibiron , do mesmo xeito que todo os puntos do pleno, os votos en contra da agrupación política Xente de Dodro o que motivou as críticas do alcalde ante “a falta de colaboración en temas de tanta importancia para a veciñanza”.

Post navigation

Previous: Piden que se convoque a Xunta Local de Seguridade de Ames
Next: O Plataforma Festival chega esta semana a Compostela

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.