Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Piden que se convoque a Xunta Local de Seguridade de Ames

Concello de Ames DSC_0186 slide_r

Bisbarra, 13 de maio do 2024 – O Partido Popular de Ames ve de solicitar , por medio dun escrito, que se convoque a Xunta Local de Seguridade ante o aumento do número de delitos.

Os Populares lembran que a Xunta Local de Seguridade de Ames teríase que convocar cada seis meses pero desde xuño do 2022 non se reuniu. Engaden que, segundo os datos do Ministerio do Interior, no 2023 bateuse un récord no concello ao contabilizarse un total de 1.064 delitos.

O Partido Popular de Ames xustifica a solicitude nos datos do 2023 dados polo Ministerio do Interior que indican que o ano pasado a criminalidade convencional seguiu a súa liña con 675 intervencións ás que hai que sumar 359 delitos informáticos.

A infracción penal máis grave de cantas se produciron no termo municipal de Ames no ano pasado foi o que figura na estatística do Ministerio como homicidio doloso e asasinato en grado de tentativa.

Os furtos foron os delitos máis habituais, con 127 (95 no ano anterior), e os roubos con forza en domicilios establecementos o outras instalacións foron 29 (19 en vivendas). Chama a atención nesta estatística do Ministerio que se contabilizan 8 agresións sexuais, a metade delas calificadas con penetración.

Tamén figuran entre estes datos os delitos graves e menos graves de lesións e riñas multitudinaria, sumando 8 en todo o 2023 e 11 roubos con violencia e intimidación, case un ó mes. E ademáis houbo catro sustraccións de vehículos e dous delitos de tráfico de drogas.  

Os Populares consideran que non se lle pode quitar importancia a este crecemento da delincuencia “a perspectiva de quen foi vícima e outra ben distinta. E a función dos concelleiros é a de poñer todos os medios posibles para minimizar ó máximo o número de delitos no municipio. E para iso temos unha ferramenta que se chama Xunta Local de Seguridade e que por non se sabe que razón non se está a utilizar despois de dos anos sen ser convocada”.

Post navigation

Previous: Peleteiro, unha nova esperanza
Next: Dodro reclama que se atendan as alegacións contra Altri

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.