займ срочно

Sr. Salvaje gaña o “Queixo Maquetón” e Arzúa prepara os disfraces

0

Arzúa, 28 de xaneiro do 2022 – A organización da 47º Festa do Queixo de Arzúa ven de comunicar que os composteláns Sr. Salvaje gañaron a 13º edición don concurso “Queixo Maquetón”.

O grupo actuará no Festival do Queixo 2022 o sábado 5 de marzo ás 12 h tras a inauguración e pregón da 47ª Festa do Queixo, e levarán como premio 1.300 €. En esta edición do concurso de Arzúa presentáronse 22 bandas de todo o estado.

Preparando os disfraces

Con motivo do Entroido 2022 o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa recupera o concurso de disfraces para o domingo 20 de febreiro ás 17:00 horas no Multiusos Terra do Queixo.

Para fomentar a participación convócase o concurso con máis de dous mil euros en premios para repartir entre catro categorías.Poderanse presentar comparsas dun mínimo de nove compoñentes optando a premios de 550, 300 e 150 euros. Haberá un apartado de grupos de entre dúas e oito persoas con tres premios que ascenden a 300, 200 e 120 euros. Por último, establécense dúas categorías individuais, unha infantil de 0 a 17 anos e outra para adultos de 18 anos en diante. Os premios son de 120 e 80 euros para os primeiros e segundos postos, respectivamente de cada modalidade.

Co fin de fomentar a participación local, mantense o premio Simpatía dotado de 100 euros dirixido a unha comparsa ou grupo do municipio que non acadara ningún dos premios anteriores e que sume a maior puntuación no apartado simpatía da valoración do xurado.

Como novidade, para dar debido cumprimento das medidas sanitarias, o concurso celebrarase co público sentado e cos participantes facendo a súa intervención sobre escenario nunha gala que estará presentada polo humorista arzuán Xan Veiga.

Para participar no concurso hai que inscribirse previamente no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao 981500222 ata o 17 de febreiro, en horario de 8:30 a 14:00h. Poden solicitar máis información ou consultar as bases que rexen o concurso no Departamento de Cultura ou no web arzua.gal.

Dende o Departamento de Cultura anuncian que nos próximos días darase a coñecer a programación completa que estará adaptada para garantir o cumprimento das medidas vixentes de protección fronte á Covid-19.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies