займ срочно

Do soul ao pop pasando pola música tradicional, o Feito a Man hoxe ten de todo

0

Compostela, 7 de agosto do 2018 – A xornada do Feito a Man parece querer resarcirnos das suspensións de onte e presenta ata 4 artistas distintos que van do soul ao pop pasando pola música tradicional.

The Xoubas

É precisamente o soul, xamaicano según din, o primeiro que poderemos escoitar. Hoxe a sesión vermú corre a cargo de The Show Bass (The Xoubas). Será a unha e media da tarde na Rúa Nova. Trátase  dunha banda de rocksteady, R&B e soul xamaicano formada en Santiago de Compostela a finais do ano 2015. O denominador común dos seus integrantes é o respecto e gusto polas músicas de raíz contando entre o seu repertorio con clásicos da música xamaicana e adaptacións de temas cubanos, mexicanos e arxentinos ao estilo. The Show Bass (The Xoubas) está formada por catro integrantes: Fran- Batería e Percusión, Diego- Baixo eléctrico, Pablo- Guitarra eléctrica e Nerea- Voz

Talabarte

Continuamos as oito da tarde na Vía Sacra con Talabarte. Unidos pola madeira dos seus instrumentos e cunha concepción musical común, funden conceptos diversos na súa viaxe musical: acústico, de raíz, improvisación, atemporalidade, aventura, surrealismo, gastronomía… Os seus nomes están intimamente vencellados con grandes proxectos da música galega coma Berrogüetto, Marful, ou prestixiosos músicos de jazz coma Jorge Pardo, Walter White ou Steve Brown. Tras publicar o seu primeiro traballo discográfico, colectaron grandes eloxios de crítica e público levando a súa musica por teatros, auditorios e festivais da Península Ibérica, Bretaña, Portugal, Serbia… Ademais de deseñar concertos singulares como “Ao son da Cociña” que une música, gastronomía e arquitectura. Os seus concertos teñen risco, improvisación e contundencia. Un grupo que non deixa a ninguén indiferente e mantén en movemento a alma e os pés.

Pop para rematar o día

María Reís

A xornada ten dobre sesión para rematar, será a partir das dez en Tras Salomé. Desde Portugal chega María Reis. Música profesional como compositora, guitarrista, cantante e cofundadora da banda Pega Monstro dende os quince anos. Tamén leva o selo portugués Cafetra Records co seu grupo de amigos. Debutou recentemente en solitario co EP Maria, lanzado en agosto de 2017. A comezos deste ano encargouse de abrir os concertos da xira europea de Panda Bear.

A continuación é a quenda de Esposa. Esposa fan pop. Ás veces tócano moi rápido e pódese bailar e berrar, e ás veces non. Ao tempo que sorrín e moven os pés están cantando preguntas e falando da súa vida. Tampouco é que sexa contraditorio. O seu LP debut chámase Xardín interior e publicouno Prenom o ano pasado.

Esposa

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies