займ срочно

Silleda selecciona traballadores para Semente de Pedra

0

Silleda  iniciou a primeira fase do proceso de selección dos alumnos do Obradoiro de Emprego Semente de Pedra coa entrega de solicitudes e documentación.

Selección depersoal para un obradoiro de empego en SilledaSilleda, 15 de novembro do 2016.  O proceso de selección dos alumnos/as traballadores/as para o Obradoiro de Emprego Semente de Pedra do Concello de Silleda iniciouse esta mañá coa presentación de solicitudes e documentación por parte das persoas seleccionadas previamente dende a Oficina de Emprego de Lalín.

O obradoiro, que se prolongará ata o mes de xuño, contará cun total de 20 alumnos/as-traballadores/as, repartidos en dous módulos. Elixiranse 8 para o módulo de Canteiría e colocación de pedra natural (nivel 2) e 12 para o de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

Na convocatoria de hoxe acudiron 50 persoas (no listado figuraban tres candidatos/as por cada un dos postos) que entregaron a carta de presentación que lles facilitou o INEM e aportaron unha serie de documentación.

O tribunal decidiu conceder o día de mañá martes para completar a documentación a todas aquelas persoas que aínda non tiveran os documentos requeridos.

Esta primeira fase de selección continuará o vindeiro luns día 21 coa publicación do listado dos admitidos /excluidos e a convocatoria da entrevista persoal que realizará o equipo mixto encargado da selección (con persoal municipal e da Xunta de Galicia).  Neste listado haberá dous candidatos/as por cada un dos postos.

A entrevista, que forma parte da segunda fase da selección, realizarase o mércores día 23 de novembro na Casa da Cultura. A partir das 09:30 acudirán os seleccionados do grupo de xardinería e ás 12:00 os de canteiría.

Persoal técnico

Por outra banda, a lista definitiva cos aspirantes aos postos de  persoal técnico do Obradoiro de Emprego (un director/a; 1 titor/a; dous docentes e 1 administrativo/a) foi publicada hoxe. A entrevista coa comisión mixta será o vindeiro vernes día 18 na Oficina de Emprego de Lalín.

Para máis información sobre horarios das entrevistas os interesados/as poden dirixirse ao taboleiro de anuncios do Concello ou ás oficinas do INEM en Lalín.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies