займ срочно

Silleda abre o Plan de  Axuda á Creación de Emprego 2017

0

Silleda, 1 de febreiro do 2017 – O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra ven de publicar as bases do Plan de Axuda á Creación de Emprego do concello de Silleda.

imaxe da casa do concello de SilledaLogo da modificación aprobada polo executivo local de silleda, agora se incluen os  gastos subvencionables no apartado de proxectos do sector Primario, do  Medio Ambiente ou de I+D+I. Neste punto,  figurarán a partir de agora como gastos subvencionables os equipos informáticos, desenvolvemento e custos de páxina web, aplicacións informáticas e outros gastos tecnolóxicos, e tamén outros gastos coma a compra de maquinaria ou apeiros, instalacións (invernadoiros, sistemas de riego…) realización de pozos ou os chamados insumos agrícolas (sementes, plántulas, fertilizantes, produtos fitosanitarios…).

As bases, que foron aprobadas o pasado ano por unanimidade de todos os grupos da Corporación de Silleda, tamén se adaptan á Lei 39/2015 de Procedimentos Administrativos.

A cantidade máxima subvencionable a través destas axudas municipais é de 3.000 euros. Dende o goberno municipal a concelleira Ana Luisa González lembra que esta iniciativa, “coa que pretendemos axudar aos nosos emprendedores e emprendoras  continuará ao longo de 2017 cunha nova partida específica nos orzamentos municipais”.

Dende a súa creación no ano 2015 concedéronse xa 8 axudas ao abeiro desta iniciativa “que agardamos mellorar co esta ampliación de gastos subvencionables”, indica a concelleira.

As bases estarán xa disponibles na web municipal de Silleda, xunto cos correspondentes formularios para formalizar a solicitude.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies