займ срочно

Silleda recupera espazo para a veciñanza na Bandeira

0

Bisbarra, 12 de maio do 2023 – O concello de Silleda comezou co derribo da coñecida como praza de Pichel, situada na rúa do Parque na Bandeira.

Esta construción, que data de 1950, converterase nun espazo de uso público, cun total de 604 metros cadrados, unha vez que rematen os traballos de demolición e humanización,

O alcalde, Manuel Cuíla dico que “Hoxe por fin, despois de anos con negociacións fallidas, e que se retomaron hai varios meses ca propiedade, o adecentamento desta zona será unha realidade”.

O goberno municipal de Silleda asinou un acordo ca familia propietaria pola que esta parcela se converterá nun espazo de uso no que se instalarán equipamentos deportivos móbiles  para á mocidade, como un skate park, que virá a completar as instalacións doutra zona de skate prevista en Silleda,  na finca adquirida polo Concello para a ampliación da praza Juan Salgueiro.

En virtude do acordo, o  Concello de Silleda asume todas as actuacións necesarias para adecuar, acondicionar e manter o terreo para o fin que se pretende, segundo o detalle recollido no proxecto de derrube da estrutura existente xa redactado, e que inclúe obras de acondicionamento e preparación do solado existente.

Este convenio de cesión segue  a mesma liña que os xa asinados nos cascos urbanos tanto de Silleda como da Bandeira nos últimos anos, e que serviron para a creación de zonas de estacionamento e xardíns de usos publico. Neste caso a cesión acordase para os vindeiros 4 anos, debendo renovarse o acordo de maneira expresa entre a familia e o concello. “Esta cesión é un paso clave para que nun futuro a parcela poida ser adquirida polo Concello”, engade Cuiña.

Os traballos de demolición que hoxe comezaron e que obrigan por seguridade a cortar todo o tramo da rúa do Parque, dende o cruce con Ramón de Valenzuela ata a rúa Lourás, foro adxudicados á empresa Excavaciones Benito por un importe de 32.728,73 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies