займ срочно

Silleda colle en agosto a exposición ao aire libre Nado en Pedra

0

Silleda, 30 de xullo do 2018 – As 13, 00 horas do próximo mércores inaugurase a exposición ao aire libre Nado en Pedra situada entre os carballos do parque das Pedrosas de Silleda.

Nado en Pedra  componse de 18 pezas de gran tamaño, das que algunhas delas rondan os  3000 kg de peso cunha valoración global estimada de 103.000 €. Estará exposta entre os días 1 e 31 de agosto  no Parque Municipal das Pedrosas e a inauguración terá lugar xunto a escultura máis emblemática da exposición titulada O Abrazo.  As pezas foron realizadas pola  Escola de Cantería  de Poio, baixo os auspicios da Deputación de Pontevedra, e xa estivo nos concellos de Nigrán, Cambados, O Rosal, A Guarda ,  Santiago de Compostela e Pontevedra, e por vez primeira pasa a exhibirse no interior de Galicia procedente de Caldas de Reis. Os traballos da Escola teñen  como temática fundamental, a figura humana e  representa un repaso histórico dos oficios tan presentes na nosa  comarca coma o do Ferreiro,  a costureira ou o canteiro ademais doutras estampas da vida diaria cun trasfondo  da nosa emigración máis dramática, producida a partir dos anos cincuenta. Como exposición itinerante tal e como ten indicado a Presidenta de Deputación de Pontevedra, ten un dobre obxetivo: por unha banda poñer en valor a extraordinaria formación que se imparte na Escola e por outro destacar o oficio tradicional da cantería que hoxe, no século XXI tamén ten futuro tal e como o demostran os importantes traballos que están realizando os alumnos en Barcelona, Londres ou washington entre outros moitos lugares.

En palabras de Manuel Cuíña Fernández,  Alcalde de Silleda, “ Esta mostra chega a Silleda  por dereito propio, lugar onde tanto o urbanismo coma a etnografía e costumes deron, e dan, moi bos exemplos do uso deste material tan nobre, coas casas rurais, pazos,   pontes, cruceiros e hórreos, a través das mans dos nosos canteiros, poñendo como exemplo, obras como a igrexa abacial de Carboeiro”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies