займ срочно

Silleda investirá outros 600.000 euros na mellora integral de vías

0

Silleda, 5 de abril do 2021 – O Concello de Silleda continuará este ano mellorando distintas vías de comunicación no municipio cun investimento de 600.000 euros.

A partida económica prevista por Silleda forma parte dos fondos que lle corresponden do Plan Concellos da Deputación no presente exercicio de 2021. Con estes orzamentos executarase a mellora dunha ducia de tramos en distintos puntos do termo municipal. O alcalde Manuel Cuíña indica que esta cantidade “que suporá a mellora integral dunha serie de viais con gran tránsito e vertebradoras de distintas localidades e servizos”.

Zona de Parada

No proxecto figuran un tramo do vial de entronque ca glorieta da PO-211, dende o recinto feiral Semana Verde. Tamén mellorarase o acceso á explanada do CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira; neste caso trátase dun tramo que se atopa en mal estado e que conecta cunha das circunvalacións arranxadas nos últimos anos.

Xa na zona rural  o plan de mellora viaria inclue actuacións en distintas parroquiascomo a da Ponte (no vial que une Espiño e Carderrei e tamén no vial de entronque ca PO-205 que da acceso a varios lugares).  Na parroquia de Vilar arranxarase o vial entre O Barral e Mazarelos e en Carboeiro outros dous tramos: un en Carboeiriño e o que une este último lugar ca parroquia de Ansemil, con case 1 kilómetro de lonxitude.

En Lamela actuarase nun tramo de 1.095 metros dende o acceso da N-525 na Goleta atra o lugar de Vilariño.  

Tamén con cargo a este plan de actuación se mellorará a pista central da parroquia de Dornelas, con algo máis de 2, 4 kilómetros de lonxitude. Nesta zona figura tamén o vial do Curro, na parroquia de Cira, dende o entronque ca EP7017.

Inclúese tamén a reforma integral do vial dende Riocalvo ata Rellas, pasando por Gamil, en Margaride; así coma o tramo de estrada que vai dende a N-640 en Moalde en dirección a Olives, tamén con máis de 1,3 kilómetros de lonxitude.

Completan o proxecto dous viais na parroquia de Taboada:o tramo desde Trasdovalo ata Ponte Taboada e o que vai dende a estrada N-525 ata o lugar de Carballeda.

En todas elas acometerase a mellora do firme cunha nova capa de rodadura con aglomerado en quente.

“Este novo proxecto unido ao de 2020 con outros 7 viais que se executará nos vindeiros meses e a outras actuacións suporá unha mellora sustancial na extensa rede viaria que temos no municipio de Silleda, e que continuamos a mellorar con apostas de calado coma esta, con máis de 600.000 euros de inversión”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies