займ срочно

Silleda Emprega incorpora a atención a persoas con discapacidade

0

Silleda, 22 de marzo do 2017 – O programa municipal Silleda Emprega incorporará aos seus servizos ás persoas con discapacidade que sexan demandantes de emprego. Esta iniciativa chega a través do acordo de colaboración coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami).

Así, a concelleira de Emprego, Ana Luisa González mantivo xunto coa técnica do departamento municipal un encontro con Mónica Luaña, de Cogami, no que se estableceron as bases para incorporar a este colectivo ao programa silledense.

Esta colaboración pasa, sobre todo, por ofertar un servizo de orientación laboral personalizado para as persoas que teñan algún tipo de discapacidade e que queiran incorporarse ao mercado laboral. “Aquelas persoas que teñan algúnha discapacidade, tanto física como intelectual, poden achegarse as oficinas do Concello de Silleda, dende onde se derivarán as demandas a Cogami.

O servizo de orientación laboral de Cogami encargarase despois de asesorar de xeito individualizado aos demandantes. A concelleira, que agradece a colaboración de Cogami, explica que a proposta está dirixida non só aos demandantes, senon tamén ás empresas ofertantes de emprego, xa que contan con vantaxes e bonificacións á hora de contratar a xente con algún tipo de discapacidade.

Con este asesoramento individualizado o programa Silleda Emprega, creado polo goberno municipal no ano 2011 para mediar entre a oferta e a demanda, continúa ofertando novos servizos.

Ana Luisa González agradece “unha vez máis a colaboración de Cogami para levar a cabo esta iniciativa” e resalta a labor desta entidade na “necesaria integración social e laboral das persoas con discapacidade”, engade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies