займ срочно

O SÍ gaña, con un 48,5% dos votos, a consulta sobre a ubicación do consistorio de Silleda

0

Silleda, 5 de xuño do 2017 –   Con un 100% dos votos escrutados a consulta popular celebrada en Silleda pechase cun total de 1.056 votos a favor do traslado das oficinas municipais, o que representa un 48,5 por cento dos votos emitidos, e un total de 1.004 en contra do traslado (o 46%).

Rexistráronse 88 votos en branco (o 4% ) e 31 nulos.  En total participaron nesta consulta 2.179 silledenses, un 27,46 % do total de electores con dereito a voto (7.947).

En  canto á participación, a máis alta rexistrouse na mesa de Taboada, cun 38,87%.  O SÍ gañou en 11 das 13 mesas electorais que se puxeron a disposición dos votantes durante a xornada.

Ao remate da xornada electoral, Manuel Cuiña, acompañado polo grupo de goberno agradeceu “a todos os veciños e veciñas de Silleda” a súa participación nesta consulta “nunha xornada na que fixemos historia e que se celebrou de xeito exemplar”. “Hoxe gañou a democracia e todos os veciños e veciñas de Silleda que así o quixeron tiveron a oportunidade de decidir sobre o futuro da Casa Consistorial”.

Con este resultado, o alcalde, Manuel Cuiña Fernández, indicou que o grupo de goberno se poñerá a traballar para comezar a buscar a financiación precisa a través doutras Administracións e a encargar a redacción do proxecto, para que Silleda teña unha Casa Consistorial máis moderna, ampla e accesible para todos os silledenses”, engadiu.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies