займ срочно

Sementes da Arte organiza un novo encontro folclórico este sábado en Ordes

0

Ordes, 19 de outubro do 2018 – Este próximo sábado, 20 de outubro, terá lugar na Casa da Cultura de Ordes un novo encontro folclórico organizado pola agrupación Sementes da arte.

O acto, de entrada libre, dará comezo ás 20 horas. Ademais de Sementes da arte e da A.C. de Veciños de Leira (Ordes), tamén actuará o grupo Os Santiaguiños (Boimorto). Ao remate haberá unha gran foliada coa participación dos seguintes grupos da zona: Sarillo (Aiazo), San Martiño (Cerceda), Reiceiros (Ponte Carreira), Embruxo Gaiteiros (Leira), Folke Ruada (A Silva), Nunca é tarde (Tordoia), Camiño Real (Poulo), Xeitosos (Trazo) e as Pandereteiras das Encrobas Somos Nós (Ordes).

Nesta ocasión os organizadores do encontro contan coa colaboración da Federación Española de Agrupaciones de Folclore, da Deputación da Coruña e a do Concello de Ordes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies