Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Silleda
  • Xeral

A Semana Verde de Galicia volverá a sorprender con alimentos insospeitados

O salón Salimat, que se celebra cada ano dentro da Semana Verde de Galicia, chega a súa vixésimo sexta edición
semana-verde-innovacions-alimentarias-slide-normal-31-maio-2023_r

Bisbarra, 31 de maio do 2023 – O salón Salimat, que se celebra cada ano dentro da Semana Verde de Galicia, chega a súa vixésimo sexta edición con cerca de 80 innovacións en produtos alimentarios.

A Semana Verde celebrarase do 8 ao 11 de xuño no recinto feiral de Silleda. Salimat instalará coma sempre un área denominada Alinova que será un importante escaparate para os expositores ante o consumidor final e tamén os profesionais do sector.

Nesta edición, en Alinova estarán moi presentes os produtos doces, como novas pastas artesás sen glute, doce de fariña de améndoa e marmelo, marmeladas de mango e dátiles, de oliva e anís, de albariño, de cabaza ou de aceite con aroma de laranxa ecolóxica.

Novas galletas artesás galegas, bombóns que se caracterizan por aireación e elevación crocante, doce de leite topping, galletas de nata de produción ecolóxica que agora se bañan en chocolate negro ou con leite, mel galego en panal extraído das colmeas e trasladada directamente ao cliente ou mel de cana en monodosis e tamén múltiples chocolates artesáns, con pétalos de violeta caramelizados e aceite de oliva virxe extra, con pementa de cayena moída e aceite de oliva virxe extra, con anchoa ou con mojito.

A Semana Verde mostrará tamén innovacións no apartado de lácteos, como xeado artesán de polbo, un snack crocante de queixo semicurado, novos iogures con labras de chocolate ou con 12 vitaminas e minerais para os máis pequenos, cremas de queixo elaboradas con queixo de barra ou con queixo San Simón, queixo azul con allo negro ou batidos lácteos cun 35% menos de azucres engadidos.

Pola banda das bebidas haberá licor ronmiel, hidromel, biter bio elaborado con 13 botánicos macerados en sidra, un novo whisky 100% español, viño albariño con nove meses nos seus propias leas 14 meses mínimo en botella e novas cervexas ecolóxicas artesanais sen alcol, vermuts ou viños elaborados a partir de uva albariño.

En canto aos aceites de oliva, haberaos virxe extra colleita temperá, afumados artesanalmente con madeiras ecolóxicas de carballo e faia, da variedade de orixe grega koroneiki e en bag in box, ademais de condimento de aceite de oliva afumado. E respecto ás conservas, destacarán os patés, como o de olivas colleitadas en verde ou o elaborado con Porco Celta, viño treixadura e mel galego de montaña.

Ademais, terán presenza os cárnicos, podendo descubrir embutidos de raza Porco Celta e raza Cachena criados en explotacións extensivas, un salchichón elaborado con carne de vacún de raza Frieiresa e Porco Celta, un xamón de Porco Celta curado 3-4 anos e distintas hamburguesas ecolóxicas, de pito e espinacas ou tenreira e remolacha.

Por outra banda, atoparanse produtos como vinagrillo a base de mel con uva e mazá, tostas de pan seco de sabores como pemento e cebola ou chocolate, cocido leonés listo para comer, salsa natural de jalapeño maduro, millo doce ecolóxico galego, mix de froitas deshidratadas mazá-laranxa-amorodo e mazá-kiwi-amorodo ou un azafrán especial para paellas.

Serán cerca de 50 as empresas que exporán produtos exclusivos producidos nas súas instalacións, motos dos cales serán presentados por primeira vez ao mercado en Salimat Abanca 2023.

Post navigation

Previous:  “Non podo máis!” , nova estrea do Grupo Municipal de Teatro de Ames
Next: Primeiros pasos para un novo goberno en Compostela

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.