займ срочно

O Santiago Rugby club clasificado para os play off polo ascenso

0

Compostela, 14 de marzo do 2017 – O Santiago Rugby Club de Compostela aspira a gañar a 2ª división da liga Galega de Rugby agora que conseguiu meterse nos play off polo ascenso.

Os equipos que pelexarán polo cobizado campionato serán o CRAT de Coruña, o Fendetestas das Pontes, o Zalaeta e o Santiago Rugby Club.

O presidente do Club declaraba: “Esta loita polo ascenso habemos de tomárnola como un agasallo. O obxectivo que nos marcabamos para esta tempada era o de entrar nos play offs e ir  consolidando ó equipo”.

Así mesmo o adestrador sinalaba ao termo do último partido: “Moitos xogadores fixeron un gran esforzo para chegar ata aquí. Cun persoal tan curto sacrificáronse, xogaron lesionados e partíronse a cara polo resto dos seus compañeiros. Este sobre esforzo permitiunos clasificarnos pero tamén nos custou algunhas baixas importantes que trataremos de non botar en falta nos partidos que nos restan”.

O 25 de marzo; o rival para bater será o Fendetestas e o maior  hándicap o das baixas por lesión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies