займ срочно

Santiago recibe o préstamo do IDAE que lle fora negado por ser solicitado en galego

0

Compostela, 14 de xaneiro do 2017 –  A Xunta de Goberno Local deste venres aprobou a aceptación da axuda do Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) para a renovación de instalación de alumeado público exterior municipal. Trátase dun préstamo por valor de case 1,5 millóns de euros a interese cero e cun período de carencia dun ano e 9 de amortización.

Xan Duro na rolda de prensa donde da a coñecer o prestamo do IDAE

Xan Duro na rolda de prensa

Segundo explicou o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia e secretario da Xunta de Goberno, Xan Duro, esta axuda “permitirá renovar os puntos de luz do Concello máis antigos e que supoñen un maior custo para as arcas públicas. A actuación, explicou, “consiste na substitución de 2.442 luminarias que incorporan fontes de luz de alta eficiencia e rendemento (LEDS) e dispositivos que permiten a súa regulación de forma programada, dun xeito que permite importantes aforros de consumo enerxético e de mantemento, dada a súa duración superior ás 80.000 horas”. Inclúese tamén a adaptación dos actuais centros de mando afectados pola actuación á normativa vixente, no referente á disposición de protección diferencial e sistemas de posta a terra.
“En termos xerais -engadiu Xan Duro- suporá un aforro de 240.000 euros anuais e da emisión de case medio millón de toneladas de dióxido de carbono durante dez anos”.
Denegada inicialmente polo uso do galego
O IDAE notificara en xullo a denegación da axuda por ter incluído un documento en galego e o Concello tivera que presentar unha reclamación que finalmente foi aceptada. Nela alegaba que o organismo estatal debera requirir que se achegara o informe redactado en castelán para emendar o erro, no canto de desestimar directamente a petición. Nese sentido, poñía en dúbida o argumento do IDAE de que o Concello de Santiago non incorrera nun erro, “senón que ignorou a expresa previsión de remitir todos os documentos en castelán, como unha resistencia á observancia de tal previsión”.
Outros acordos
A Xunta de Goberno Local aprobou tamén hoxe un modificado no proxecto de mellora da mobilidade e accesibilidade no barrio de Vista Alegre, concretamente sobre a Fase I. O modificado afecta a tres cuestións: o retranqueo nas infraestruturas orixinado polo rebaixe da rasante no proxecto da Fase III; unha nova configuración da rúa Nova como resultado da aparición de zapatas na edificación a unha cota superior á prevista nos propios planos; e a reubicación dos contedores soterrados na praza Álvaro Cunqueiro, que pasarán a ubicarse na mesma praza pero na liña de xardíns que delimitan a zona de paso de vehículos.
Xan Duro asegurou que “os detalles do modificado, así como o estado das obras, será comunicado polo concelleiro responsable nunha xuntanza que manterá a vindeira semana cos veciños do barrio”.
Ademais tamén se deu conta da concesión dunha axuda de 532.531,71 euros como resultado da adhesión do Concello ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para sufragar os gastos derivados do desenvolvemento de programas de asistencia a persoas con trastornos aditivos e realización de programas de atención e protección da saúde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies