займ срочно

Santiago mantén pechadas as salas de lectura dos centros de Conxo, Vite e Castiñeiriño

0

Compostela, 7 de novembro do 2019 – O goberno municipal de Santiago ven de confirmar, na resposta a unha pregunta de Compostela Aberta, que as salas de lecturas dos centros cívicos de Conxo, Vite e Castiñeiriño están pechadas.

Según un comunicado de Compostela Aberta na actualidade, só funcionan no seu horario habitual as bibliotecas dos centros de Santa Marta e Fontiñas. Despois de ter recibido diferentes queixas veciñais, o grupo municipal rexistrou unha pregunta sobre o peche das bibliotecas dos centros cívicos.

O Goberno entregou a súa resposta escrita o pasado luns, no último día do prazo establecido polo regulamento municipal, e nun documento no que non se aclara a quen corresponde a súa sinatura. Na contestación recoñécese que se fixeron “certos reaxustes de horarios nas aulas de lectura, coa idea de axustarse ao montante horario das horas dispoñibles no contrato con Ferrovial”. Eses “reaxustes” supoñen na práctica o peche das bibliotecas dos centros cívicos de Conxo, Castiñeiriño e Vite.

Compostela Aberta preguntara polos horarios concretos de todas as aulas de lectura da rede de centros cívicos, e na súa resposta o Goberno recoñece que só están a funcionar no horario habitual as dos centros de Santa Marta e Fontiñas.

Centro Cívico da Cidade Histórica

O grupo municipal de CA tamén rexistrou unha pregunta para a súa resposta por escrito sobre o futuro centro cívico da cidade histórica. Compostela Aberta quere saber que pasos se teñen dado para aprobar o convenio coa Universidade de Santiago para a cesión da Casa Elisa e Jimena Fernández de la Vega e se se teñen introducido modificacións no texto que xa recibira o visto bo da Xunta de Goberno durante o pasado mandato, tendo en conta que no Pleno ordinario do pasado mes de xullo o Goberno expresou a súa vontade de “negociar coa USC os termos do acordo”.

No Pleno de xullo, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira Mercedes Rosón reiteraran a súa intención de converter o inmoble propiedade da USC na nova Oficina da Cidade Histórica e aseguraran que estaban avanzadas as negociacións con Afundación para que o centro cívico da zona vella estea na antiga biblioteca da Obra Social da Caixa Galicia, na praza de Salvador Parga. Ao respecto, Compostela Aberta pídelle ao Goberno que explique que prazos manexa para a creación da Oficina da Cidade histórica, en que punto están as negociacións con Afundación e cando prevé dotar a zona histórica do ansiado centro cívico, se ten rendido contas das súas xestións diante da veciñanza afectada, e que previsión ten para resolver a situación dos servizos centrais do departamento municipal de Centros Cívicos, que actualmente están localizados no CSCX do Ensanche tendo en conta que a Afundación ten solicitado xa ao Concello a reversión do inmoble, da súa propiedade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies