займ срочно

Santiago Futsal e Noia Portus Apostoli seguen sen gañar

0

Bisbarra, 19 de novembro do 2018 – Os dous equipos da bisbarra na segunda división nacional de Fútbol Sala, O Santiago e o Noia, volven da fin de semana con sendas derrotas e seguen en postos de descenso directo.

O Santiago Futsal marca pero non chega

Recuperar o olfacto goleador non lle serviu ao Santiago  Futsal na súa visita ás Illas Canarias. Un total de 6 tantos quedaron en inferioridade ante os sete goles que o conxunto de Suso Méndez materializou para que os tres puntos quedasen en Gran Canaria. Derrota dolorosa, despois de levar o partido de fronte durante 30 minutos pero que se escapou na súa fase final. O fallo no dobre penalti nos últimos segundos do partido acabou por  trastocar de todo ao equipo celeste.

O partido entrou nunha dinámica de máxima igualdade desde o asubío inicial. Dani Zurdo inaugurou a longa lista de goles da tarde, á que se sumou Víctor  Cachón para o 1-1.  Brian foi o autor do 1-2 e do posterior 7-5, aínda que a madeira  frustó en dúas ocasións que o canario puidesen aumentar a súa conta e a do seu equipo, que ben puido cambiar o devir do encontro. E a eles seguiron  Juanillo e Michael antes do descanso para o 3-2 que reflectía o marcador no tempo de recreo.

O santiagués Dani Branco puxo de novo a igualada e Álex Motos anotou o 3-4 para referendar os mellores minutos do equipo celeste. Con todo, nun saque de falta directo  Mehdi fixo o 4-4 e,  apartir de aí, rompeu o partido. Saúl,  Juanillo e, por último Álex Velasco, rubricaron a lista amarela; o último tanto xa aproveitando a recuperación dun balón en ataque de porteiro-xogador do Santiago  Futsal no 37′.  Brian e Lucas apuraron as opcións celestes ata o 39′. E por último, un dobre penalti a favor dos galegos que detivo Abraham pechou o gran encontro entre dous equipos que seguen tomándolle o pulso á categoría de prata.

O Noia perde pola mínina en Castellón

O Noia perdeu a ocasión de saír de postos de descenso tras perder por 5-4 contra o seu rival directo, o  Bisontes Castellón. Empezaba o partido coa sorte ao lado do bloque galego que marcaba o primeiro tanto do encontro aos 2 minutos cun tanto de  Marci, o capitán noiés que entraba no cinco inicial de  Marlon Velasco xunto a Carlos Cabo, en portería, Dani Colorado,  Xuxa e David Palmas. Tamén terían a súa oportunidade Antoñito,  Sergio  Quilez,  Christian Chao, Juan Puertas e Jorge Belo. Tras o  pirmer tanto galego, estes faríanse dominadores do partido. Un dominio que duraría ata o primeiro tanto local, no minuto 9, dun tiro ao segundo pau de Chema. Co marcador en táboas e sen tempo para asimilalo chegarían o segundo dos castellonencos tras o saque de centro. Nesta ocasión sería David, que marcaría os 2 restantes, quen aproveitaría un roubo na frontal para adiantar aos seus no luminoso.

A pesar da boa defensa noiesa e a presión en primeira  linea; a volta no marcador faríalle dano ao bloque galego que precipitaría o seu xogo en busca dun tanto que non chegaba. As imprecisións nos pases e as perdas de balón  capultarían as ocasións noiesas neste primeiro acto.

Os castellonencos estaban a se facer co dominio dun partido aproveitando os erros dos galegos e así o faría de novo David marcando o 3º para os seus no minuto 10 tras un novo roubo de balón. Demasiado castigo para os de Velasco aos que o partido se lles poñía costa arriba… No minuto 12’  Christian Chao tería unha boa ocasión para acurtar distancias cun tiro de falta ao bordo da área pero o esférico pega na defensa local e sae desviado. No 14, tras poñerse os  loscales con 6 faltas,  Sergio  Quilez sería quen desaproveitaría a oportunidade no tiro de 10 metros que pararía  Salah que sairía a pista para resolver esta acción.

O último tanto chegaría nos últimos segundos deste primeiro tempo poñendo un 4-1 no marcador, David, antes de marcharse a vestiarios.

Tras o paso por vestiarios renovábase o partido na  Ciutat de  Castelló cun avultado resultado provisional  de 4-1  encontra da escuadra branca. Pero os noieses rexurdirían das súas cinzas e en xa no  transcurso dos primeiros minutos deste segundo tempo deixarían claras as súas intencións de ir a por un partido que de gañar, supoñería saír dos postos de descenso. Aos 3 minutos do comezo  Xuxa recortaría distancias marcando o segundo gol para o seu equipo. Un minuto despois, a pase de  Xuxa, Antoñito poñía o 3º para os seus, avivando un partido que crecía en intensidade. Co 4- 3 no electrónico, Juan Puertas tería nos seus pés o empate pero un acertado Nacho Serra pararía o bo disparo do xogador  redondelano. A pesar da arremetida noiesa sobre a portería local, os  xogadores do  Bisontes  FS terían as súas tamén; materializando unha delas no 35 cun gol de  Rangel.

De novo a escuadra noiesa tería que remar  contracorrente. Nun partido rápido e vivo, as ocasións sucedíanse para ambos os bloques. E nesta ocasión sería David Palmas, que volvería asinar un gran partido, o autor do 4 gol para o seu equipo a falta de cinco minutos para a finalización do partido.

O tempo  transcorría en contra dos intereses noieses, e un  Christian Chao preparado coa elástica noiesa en banda, tivo que esperar ata o 38 para xogar de cinco. Minutos estes en os que os noieses puideron empatar o encontro xa na primeira xogada cun tiro de  Xuxa, tras unha boa  triangulación do equipo galego, pero Nacho  evitaría que subise ao luminoso. A última teríaa  Christian Chao pero finalmente o  electrónico non mudou de díxitos e o Noia  Portus  Apostoli non logra sumar en Castellón.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies