займ срочно

Vitoria do Santiago Futsal ante o Catgas Enerxía

0

Compostela, 18 de febreiro do 2018 –  O Santiago Futsal conseguiu a primeira vitoria da tempa despois dun mes de parón, todo un comezo optimista ante o Catgas Enerxía en Santa Coloma.

Só podía haber un triunfador no duelo de refachos ao que se enfrontaba o Santiago Futsal no Pavelló Nou. Retomar a competición, tras o mes de parón, ante o único equipo da liga que non lograra gañar na casa na presente tempada, antollábase dura premisa para un Santiago Futsal que buscaba os seus tres primeiros puntos lonxe do Fontes do Sar, casa do Catgas Enerxía.

Catela inaguró o luminoso no primeiro minuto de partido; ao que lle seguiu a igualada obra de Ximbinha. Os goles de Ari Santos, de falta directa; e Pol Pacheco, tras culminar unha xogada combinada, ampliaron distancias para os locais na primeira parte. Os de Santiago, que non se mostraban cómodos e que non conseguían realizar o seu mollo sobre a pista do Pavelló Nou, fóronse a vestiarios con dous goles de desvantaxe cos colomenses.

A segunda metade sería un revulsivo nas filas azuis. Un equipo moito máis seguro e con boas accións en área contraria que eran frustradas por Cristian, veríanse recompensadas no ecuador da segunda parte cos tantos de Antonio Diz; cunha volea perfecta tras saque de esquina, e Alex Diz; ao realizar unha exquisita manobra individual ante o porteiro e coar o balón en meta local, para poñer táboas no luminoso 3-3. En meta santiaguesa Thiago demostrou ser un muro para os seus e frustrou, unha tras outra, as accións de perigo dos locais. A verdadeira tolemia viviríase nos tres minutos de partido. Catgas Enerxía probou con porteiro-xogador para levar o encontro e tras unha das súas accións en ataque sucedeuse a recuperación santiaguesa e o gol de Zequi a portería baleira que subiu o 3-4. Catela anotou o quinto só uns segundos despois para ampliar a diferenza e Zequi redondeou o marcador co 3-6 definitivo no último minuto de partido.

Os de Santi Valladares celebran unha merecida vitoria lonxe do Fontes do Sar, e xa pensan no encontro do próximo venres na casa ante Naturpellet Segovia.

Sala de prensa

Santi Valladares analizou o encontro tras a súa conclusión do que dixo “Foi un partido tolo. Empezamos gañando e quizais pola ansiedade de vernos por diante no marcador non soubemos controlar nese momento o partido. Na segunda parte estivemos impecables defensivamente e a vitoria cimentouse niso. Estivemos acertados nos momentos clave e soubemos manexar a defensa cando Catgas Enerxía saíu con porteiro-xogador. É unha vitoria que nos achega confianza e moral para o que temos por diante”.

Ficha do partido

Catgas Enerxía: Cristian, Ari, Pablo, Javi Rodríguez e Ximbinha -cinco inicial- Pol Pacheco, Corso, Iago Míguez, Juan Carlos, Santiago Futsal: Thiago, Alex Verdejo, Santi, Catela e Zequi -cinco inicial- David Palmas, Hugo Sánchez, Antonio Diz, Everton, Alex Diz e Ismael.

Incidencias:

Partido correspondente á 21ª xornada de Liga celebrado no Pavelló Nou de Santa Coloma.

Árbitros:

Bernabeu Haro e González Ruano. Amoestaron con cartón amarelo a David Palmas e Zequi por Santiago Futsal.

Goles:

0-1 min.1 Catela; 1-1 min.1 Ximbinha, 2-1 min.4 Ari Santos, 3-1 min.7 Pol Pacheco, 3-2 min.29 Antonio Diz; 3-3 min.30 Alex Diz; 3-4 min.37 Zequi; 3-5 min. Catela; 3-6 min.39 Zequi.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies