Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

A maridaxe de cervexas e mencías nova formación en Santiago(é)Tapas

Santiago(é)Tapas segue na edición 2024 con cursos de formación e foi a quenda da maridaxe con cervexas e mencías.
compostela-formacion-santiago-e-tapas-slide-febreiro-2024-(2)_r

Compostela, 6 de febreiro do 2024 – Santiago(é)Tapas segue na edición 2024 con cursos de formación e foi a quenda da maridaxe con cervexas e mencías.

Santiago(é)Tapas incluíu en esta edición a formación como unha das actividades paralelas. Tres cursos para persoal da hostalaría, con preferencia aos estabelecementos rexistrados no concurso.

Tras o obradoiro de iniciación barista impartido a semana pasada por Karen Quiroga, formadora de Café Dromedario, onte luns as dúas sesións estiveron centradas na maridaxe de cervexas de Estrella Galicia e os mencías de Ponte da Boga, patrocinadores de esta edición xunto a Cash Record.

Carlos Ávila, técnico de Cultura de Cervexa da compañía,  impartiu unha clase práctica e teórica na que se cataron exemplos sinxelos de harmonías con cervexas Estrella Galicia. “A pesar de que pensamos que a maridaxe con cervexas está en desuso, a cana e a tapa ou o aperitivo e a cervexa son parellas inseparables na gran maioría dos establecementos de hostalería”.

A sede da Asociación Hostelería Compostela, acolleu despois unha Viaxe polos mencías de Ponte da Boga, dirixida polo enólogo Rubén Pérez, director técnico da marca, quen amosou os matices dos viños da Ribeira Sacra. A cata incluíu P. Mencía 22 Lousas e Xistos 21, un mencía con 4 meses de barrica, e Bancales Esquecidos 20, con 10 meses de barrica.

Organizada por Turismo de Santiago en coordinación coa Asociación Hostelería Compostela e o apoio da Deputación da Coruña, Santiago (é) Tapas conta este ano coa participación de 41 locais distribuídos en 5 (é)Tapas, que servirán máis de 60 propostas do 15 de febreiro ao 3 de marzo, a prezos de entre 2 e 4 euros, para ser degustadas e votadas por veciños e turistas.

Post navigation

Previous: Compostela habilitará novos aparcamentos para o Clínico
Next: Presentan a adaptación gráfica de “Memorias dun neno labrego”

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.