Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Santa Comba
  • Xeral

A IV Clásica Gandeira esta fin de semana en Santa Comba

O Concello de Santa Comba celebra este domingo a IV Carreira Clásica Gandeira con récord de inscricións.
Casa consistorial de Santa Comba

Casa consistorial de Santa Comba

Bisbarra, 22 de marzo do 2024 – O Concello de Santa Comba celebra este domingo a IV Carreira Clásica Gandeira con récord de inscricións.

 Santa Comba describe esta proba como a “A carreira máis enxebre e autóctona de toda Galicia”. Unha competición que terá lugar este domingo dia 24 percorrendo cinco explotacións gandeiras o que a fai única.

A proba ten dous circuítos. O primeiro de dez quilómetros atravesa 4 explotacións gandeiras. O outro, de tres quilómetros, pasa tamén por unha de estas granxas. A concelleira de Deportes de Santa Comba, Patricia Val, explica que “É unha carreira popular distinta e distintiva, que aos corredores gústalles precisamente por ofrecer uns retos e uns impulsos que non é habitual atopar. E este ano tratamos de potenciar ese carácter autóctono e diferencial para ofrecerlle aos participantes a mellor experiencia posible”.

Este ano o número de inscritos subiu de xeito espectacular, dos 420 do ano pasado ata os 764 desta edición, boa mostra do éxito da proposta. “Atoparnos ao peche de inscricións con ese número foi unha alegría inmensa, porque permite ter un reforzo do traballo que viñemos facendo. O feito de adherirse ao circuíto da Deputación é seguramente un factor que axuda a aumentar o nivel competitivo e, consecuentemente, favorecer o incremento das participacións”.

Patricia Val engade que “Temos a sorte de contar con un club, o CorreXallas, que fai un labor fantástico de promoción, así como tamén con un alcalde que é o mellor embaixador dos eventos do concello e que consigue ofertar ese plus de comunicación que intriga e motiva. Sen esquecer o esforzo para coidar os detalles e o percorrido, que en si xa é un reclamo”.

O incremento no número de inscritos produciuse en todas as categorías, dende a de Pitufos, ata a 10K, a participación subiu máis dun 40 por cen. Dende a organización agardan que o domingo máis de un millar de persoas desfruten con un evento deportivo que contará con atletas de renome no circuíto como Amador Pena, Martin Regueira, Tina Fernández, Fran Pais, Amira Simón ou Esteban Díaz.

“É un luxo poder contar con algúns dos mellores corredores da zona, tanto polo que aportan a nivel competitivo como tamén pola motivación e a ilusión que crean para os demais participantes que poden correr ao seu lado. De feito, unha das cousas que queremos potenciar na Clásica Gandeira é o seu carácter integrador: que poidan desfrutar os corredores e as corredoras de todo os niveis, tanto os pros como aqueles que se marcan o reto de achegarse ao mundo das carreiras pedestres”, di Patricia Val, que tamén agarda “que o domingo de ramos bote raíces para que Santa Comba poida converterse nunha cita destacada e obrigada dentro do circuíto das carreiras en Galicia”.

As carreiras comezarán ás 10:30 co 1K das categorías sub 10 e sub 12. A continuación, ás 10:45, sairá a 3K e ás 11:25 será a categoría Pitufos a que se lanzará apolos 300 metros do seu percorrido, para finalizar ás 11:40 coa saída da concorrida 10K. Ao finalizar a proba raíña procederase á entrega de premios na que se repartirán máis de 100 trofeos entre todas as  categorías en un montante de máis de 700 Euros en premios económicos.

Post navigation

Previous: Músicas na Linde: The Rapants
Next: Teo proporá o nomeamento de Manuel Quintana Martelo, Paula Carballeira e Víctor Manuel Portomeñe como fillos adoptivos

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.