Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Saca o galego que levas dentro

A Xunta lanza a campaña Saca o galego que levas dentro, unha acción que busca poñer en valor a lingua propia entre toda a sociedade.
xunta-saca-o-galego-que-levas-dentro-slide-15-decembro-2021-(1)_r

Table of Contents

Toggle
  • Bisbarra, 17 de decembro do 2021 – A Xunta lanza a campaña Saca o galego que levas dentro, unha acción que busca poñer en valor a lingua propia entre toda a sociedade.
    • ‘Dálle á lingua’

Bisbarra, 17 de decembro do 2021 – A Xunta lanza a campaña Saca o galego que levas dentro, unha acción que busca poñer en valor a lingua propia entre toda a sociedade.

Saca o galego que levas dentro  ten entre os seus obxectivos destacar a importancia do galego como elemento clave da nosa identidade; alimentar o arraigo, o orgullo e o sentimento de pertenza e fomentar o seu uso entre todos.

A campaña consiste na itinerancia polas catro provincias dunhas estruturas xigantes con espellos nos que os viandantes poden verse reflectidos ao tempo que len a mensaxe ‘Din que a beleza está no interior. E ti gardas unha lingua fermosa! Saca o galego que levas dentro’.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou esta nova iniciativa da Xunta, que arranca simultaneamente na Coruña e Ferrol. García estivo acompañado dos representantes municipais e destacou que Galicia e os galegos e galegas “temos un gran tesouro, a nosa lingua, un símbolo de riqueza cultural, social, histórica e comunicativa, ademais dunha ferramenta de moi notable utilidade que nos permite comunicarnos incluso fóra da nosa Comunidade”.

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade sinalou que “sempre son benvidas as accións que nos axudan a sacar o galego que levamos dentro”, e expresou o seu agradecemento aos concellos que colaboran acollendo propostas deste tipo.  

A praza de Vigo da Coruña e a praza de Armas de Ferrol contan desde agora cunha nova convidada: unha estrutura de 1,50 m x 2,20 m formada por catro caras, tres delas cubertas por un espello no que os viandantes poden verse reflectidos baixo o lema da campaña. Deste creativo xeito, búscase captar a atención da cidadanía para que valore e empregue a lingua propia, fomentando o seu uso en todos os ámbitos e entre todos os segmentos da poboación.

Na estrutura figura tamén o cancelo #SACAOGALEGOQUELEVASDENTRO acompañado da mensaxe “E compárteo con orgullo”, que convida a quen o lea a tomar unha foto no espello e compartila en redes sociais, trasladando así a campaña das rúas galegas ao mundo virtual. Despois da Coruña e Ferrol, esta acción visitará Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Arteixo.

‘Dálle á lingua’

Tamén como parte da campaña Saca o galego que levas dentro, a Xunta desenvolverá outra acción nos parques das catro provincias. Dálle á lingua chegará proximamente aos espazos de xogo da cativada para xerar experiencias positivas ao redor do idioma e abrir novas vías para a transmisión interxeracional do galego implicando a pequenos e adultos.

A acción contará, por unha banda, cunha parte presencial nos parques de distintas cidades nas que dous monitores dirixirán varias actividades e xogos que facilitarán que as familias participen, empregando os divertidos retos escritos en tickets que se tomarán duns dispensadores semellantes aos dos números no supermercado. Doutra banda, conta unha parte dixital, a través do web dallealingua.gal que se creará para a dita acción e no que calquera persoa interesada poderá descargar o material e xogos empregados polos animadores.

Post navigation

Previous: Brión apoia ao sector lácteo
Next: Boqueixón convoca seis Obradoiros de Nadal

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.