займ срочно

Rubén Riós presenta o documental “Outros Camiños” en Vedra

0

Bisbarra, 20 de xullo do 2022 – Despois da estrea en Madrid, o director Rubén Riós presenta en Vedra o seu documental “Outros Camiños” o vindeiro venres 29 de xullo.

A cita con Rubén Riós será na Capela do Santiaguiño en San Pedro de Vilanova a partir das dez da noite. A proxección forma parte dunha xira por distintos pobos de Galicia dentro da iniciativa Cine na Rúa.

“Outros Camiños” ofrece unha visión distinta do Camiño de Santiago a través da visión de persoas con parálise cerebral.  Os protagonistas guiarán ao espectador a unha realidade máis inclusiva e máis accesible a través do deporte.

A peza contou coa participación da Asociación Discamino, liderada por Javier Pitillas e proposta pola Xunta, no ano anterior, coma candidatos ao Premio Princesa de Asturias de la Concordia.

Javier Pitillas é o principal artífice de que persoas con algún tipo de discapacidade poidan realizar o Camiño de Santiago. DisCamino, na súa labor de inclusión, utiliza todas as ferramentas tecnolóxicas e humanas para facer de este reto algo apaixonante.

“Outros Camiños” utiliza como pano de fondo o Camiño de Santiago. Unha ruta con séculos de historia que percorren millóns de peregrinos de todo o mundo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies