займ срочно

Rosa Montero resenta a súa nova novela no Ateneo

1

Compostela, 27 de novembro do 2018 – Hoxe martes o Ateneo de Santiago, en colaboración coa editorial Seix Barral, presentará a última novela de Rosa Montero, Los tiempos del odio.

A partir das 19.30 horas na sede de Afundación, sita na Rúa do Vilar, 19, a escritora e xornalista Rosa Mo nteroconversará co Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago Xosé Ramón Pousa, así como co público asistente, sobre o paso do tempo, a necesidade dos outros para que a vida mereza a pena, a paixón como rebelión fronte á morte, os excesos do poder e o horror dos dogmas, temas recorrentes na súa obra.

Los tiempos del odio é unha novela intensa e de acción trepidante, onde a autora constrúe un certeiro e fascinante retrato metafórico dos tempos en que vivimos.

Rosa Montero estudou xornalismo e psicoloxía. É Doutora Honoris Causa pola Universidade de Porto Rico, Premio Internacional Columnistas do Mundo 2014 e Premio Nacional das Letras 2017. Varias das súas obras foron galardoadas con Premios como o Primavera de Novela, o Qué Leer, o Grinzane Cavour, o “Roman Primeur” de Francia ou o Premio da Crítica de Madrid. Ademais de novelas, tamén ten publicados un libro de relatos, dous ensaios biográficos, contos para nenos e recompilacións de entrevistas e artigos.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies