займ срочно

Rois irmándase con localidades de Hungría, Eslovaquia e Italia 

0

Rois, 15 de novembro do 2017- Bota a andar en Rois o proxecto “Unindo experiencias para unha mellor cidadanía europea”, coa chegada dos 25 participantes procedentes dos municipios de Pástzó, Hungría, Kalonda, Eslovaquia, da Unión de municipios dos Distritos de Naxos e Taormina, Italia, e do concello anfitrión.

O tenente de alcalde de Rois, Manuel dos Santos, e a concelleira Victoria Quiroga recibiron hoxe ao mediodía aos participantes da delegación de Pástzó, Hungría.

Trátase dun irmanamento que unirá municipios de catro países, ao abeiro do programa “Europa coa cidadanía” que reúne 676 proxectos dos que só 16 foron concedidos a España. Rois é un dos catro galegos elixidos. Esta iniciativa busca estimular a participación democrática e cívica dos cidadáns, fortalecer o sentido de pertenza a Europa e o diálogo multicultural.

Ata o vindeiro domingo, 19 de novembro, os participantes van ter a oportunidade de coñecer a realidade municipal de Rois coa visita ás diferentes instalacións municipais, empresas e institucións, como a Casa Consistorial, o auditorio, a biblioteca, Aluminios Cortizo, Pazo do Faramello, Asociación AMIPA, centro de día, etc. Tamén van ter a posibilidade de coñecer Santiago, a vila veciña de Padrón e as Rías Baixas.

O xoves día 16 celebrarase un acto oficial de irmanamento no auditorio municipal de Rois ás 18:00 horas ao que están convidados todos os veciños e veciñas do concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies