займ срочно

Dúas medallas de ouro no campionato de España de sprint olímpico para o Ribeiras do Tambre

0

Ames, 17 de xullo do 2018 – O club de piragüismo Ribeiras do Tambre seguen sumando medallas e a pasada fin de semana facíase con dous ouros no campionato de España de sprint olímpico que se disputou no embalse pontevedrés de Verducido.

Gabriel Martínez gañou a medalla de ouro en K-1 200 metros e Ángel González e o propio Gabriel Martínez, quedaron campións en K-2 200 metros. Gabriel Martínez acudirá a finais de xullo ao Mundial júnior que se disputará en Plovdiv (Bulgaria). Gabriel xa gañou no pasado mes de maio a medalla de ouro, tamén en sprint olímpico, na II Copa de España que se disputou en Trasona (Asturias).

Por outra banda, Gabriel Martínez obtivo o cuarto posto en K-1 500 metros, na categoría xuvenil, sendo o primeiro padexeiro sub 17 desta proba. Na proba de K-1 200 metros, Ángel González, conseguiu o quinto posto na final B, quedando na décimo cuarta posición nesta modalidade do campionato de España.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies