Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Xeral

A II Festa do Pan e do Cereal en Bugallido, Ames

Bugallido, acolle a II Feira do Pan e do Cereal, coa que se quere poñer en valor un produto esencial na gastronomía, e na cultura galegas.
ames-festa-do-pan-e-do-cereal-slide-8-de-maio-do-2024_r

Bisbarra, 8 de maio do 2024 – O Campo da Festa da Bugallido, en Ames, acollerá o vindeiro sábado a II Feira do Pan e do Cereal, coa que se quere poñer en valor un produto esencial na gastronomía, na tradición e na cultura galegas.

A Feira do Pan e do Cereal de Bugallido ten como obxectivo animar ao rural a recuperar o cultivo das terras agrarias con cereais autóctonos como o trigo, centeo ou a cebada. Este produtos teñen unha posibilidade no mercado coa recuperación e valorización do pan tradional.

O evento trata de ser un referente en este sector e ven de ser presentado no no Salón de Plenos de Ames. Na presentación da II Feira do Pan e do Cereal participou o alcalde de Ames, Blas García; o concelleiro de Xestión do Medio Rural, Javier Antelo; e a técnica de Medio Ambiente e coordinadora da Aula da Natureza, Patricia Reboreda.

A feira de Bugallido contará con exposicións, charlas, obradoiros e degustacións co obxectivo de

difundir a longa tradición panadeira. Os visitantes poderán comprobar a gran variedade de pans vencellados á diversidade das paisaxes e dos ingredientes, un produto recoñecido como Indicación Xeográfica Protexida (IGP).

Programación

A II Feira do Pan e do Cereal de Bugallido inclúe un amplo programa que se inaugura ás 11:00 horas coa apertura da feira para, ás 11:30 horas, ter unha mesa redonda denominada “Pan e Alimentación” no Centro Cultural A Maía, na que participarán varios panadeiros.

As actividades deste evento, que forma parte da programación da Aula da Natureza, continúan ás 13:00 horas cun obradoiro de elaboración de empanadas e empanadillas a cargo da panadería Chus Sande Obradoiro Artesanal. Posteriormente, ás 13:30 horas, dará comezo a sesión vermú cun grupo itinerante no Campo Central de Bugallido.

Ás 16:30 horas comezarán as actividades da tarde cunha GymPANa para público infantil, que partirá da praza central de Bugallido. Nela a rapazada terá que reunir, a través de distintas probas, os ingredientes necesarios para elaborar pan. A esa mesma hora o Forno da Barcia e a Panadería Xallas impartirán un obradoiro de masas doces e salgadas.

Seguidamente, ás 18:00 horas, El Rincón Siciliano ofrecerá un obradoiro para aprender a elaborar pastas e masas de pizza artesanais. O programa desta segunda edición da Feira do Pan e do Cereal pecharase coa actuación de Alana Trío no miradoiro do campo de Bugallido, ás 19:00 horas. As charlas e os obradoiros son de balde e con entrada libre ata completar aforo.

Paralelamente a esta programación, durante toda a xornada haberá unha exposición de cereal no Local Social da Agraria a cargo de Villa Regina, así como expositores de degustación e venta de produtos de diversos establecementos do concello.

Os establecementos participantes son Chus Sande Obradoiro Artesanal, Panadería Bastavales, Pan de Leis, Forno da Barcia, Pastelería e Bombonería Miguel Ángel, Pan da Moa, Muíño de Cuíña e Panadería La Salud.

Post navigation

Previous: Negreira acolle a décima edición de Estrelas no Camiño
Next: Melloras de accesibilidade na estación de tren de Ordes e Cerceda

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.