займ срочно

A revolución na 31ª edición de Cineuropa

0

Compostela, 28 de outubro do 2017 – O 100º aniversario da revolución de outubro de 1917 convértese nunha das chaves da programación da 31ª edición Cineuropa.

O festival, que este ano ocupará as pantallas compostelás do 7 ao 28 de novembro, propón un ciclo temático que, baixo o título Novecento: o século das revolucións, reúne unha ampla escolma de filmes capitais para a unha reflexión crítica do devir internacional do século XX. Así, ao longo do mes de novembro, Cineuropa 31 ofrécenos a posibilidade de redescubrir clásicos como O Acorazado Potemkin (1925), de Sergei M. Eisenstein, La Chinoise (1967), de Jean Luc Godard, La Batalla de Chile (1975-79) de Patricio Guzmán, ou Le fond de l’air est rouge (1977), de Chris Marker,  pero tamén garda lugar para outro tipo de aproximacións a estes momentos históricos, como a que ofrecen as pezas Nicholas and Alexandra (1971) de Franklin J. Schaffner ou Marie Antoinette (2006) de Sofia Coppola.

O obxectivo é achegarse a xéneses da revolución dende perspectivas diversas ao tempo que reivindicar a dimensión colectiva no cinema, a súa práctica en sociedade, como pracer e como feito subversivo nun momento no que as fórmulas e tendencias de ocio incitan, cada vez máis, ao seu consumo individualizado e acrítico.

A idea do cinema como revolución convértese tamén en protagonista do cartaz do Cineuropa 2017 e esténdese a outras seccións da programación que inclúen, entre outras fitas destacadas, a estrea estatal de Napalm (2017) , o último traballo do xornalista e realizador Claude Lanzmann, no que o reconstrúe a súa traxectoria como activista en Corea do Norte durante Guerra Fría, ou A fábrica da nada (2017), o musical revelación do ano en Cannes polo que o portugués Pedro Pinho recibiu o premio FIPRESCI na Quincena dos Realizadores.

O luns, día 30 de outubro, ás 11.30 h a Casa do Concello de Santiago de Compostela acollerá a presentación oficial da 31ª edición do festival nun acto no que participarán o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, a concelleira de Acción Cultural Branca Novoneyra, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín e o director do festival, José Luis Losa.

Entre as novidades deste ano, figura a convocatoria para seleccionar a un Xurado Novo que comporán mozas e mozos de entre 18 e 25 anos. Alén do requisito de idade, esíxese dispoñibilidade para ver a selección de filmes que se someten a avaliación nas sesións de #Cineuropa31. O convite a participar neste xurado non se limita ao estudantado universitario, senón que procura achegarse a toda a mocidade interesada no cinema.  Para se inscribir no proceso de selección do Xurado Novo, aberta até o 30 de outubro, só é preciso encher un formulario online xa dispoñible na web e redes do festival. A composición do mesmo farase pública o día 31 deste mes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies