Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ribeira

Remodelación do peirao de Palmeira, en Ribeira

A Consellería do Mar presentou a remodelación do peirao de Palmeira según o anteproxecto do arquitecto David Chipperfield.
palmeira-remodelacion-peirao-slide-3-marzo-2022(2)_r

Table of Contents

Toggle
  • Ribeira, 3 de marzo do 2022 – A Consellería do Mar presentou a remodelación do peirao de Palmeira según o anteproxecto do arquitecto David Chipperfield.
    • A primeira fase, en licitación
    • Unha Palmeira vinculada ao mar

Ribeira, 3 de marzo do 2022 – A Consellería do Mar presentou a remodelación do peirao de Palmeira según o anteproxecto do arquitecto David Chipperfield.

A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou no acto de presentación do proxecto de mellora da mobilidade e accesibilidade na contorna do porto de Palmeira impulsado desde Portos de Galicia.

Rosa Quintana, acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, participará na presentación do Proxecto de mellora da mobilidade e accesibilidade na contorna do porto de Palmeira, baseado no deseño do arquitecto David Chipperfield e a Fundación RIA.

Quintana explicou que as actuacións se realizan en coordinación co Concello de Ribeira. O obxectivo principal é renovar a imaxe da dársena e facela máis operativa para os profesionais do mar e atractiva para os veciños e visitantes.

O anteproxecto prevé a actuación no 100% da zona portuaria e divídese en varias fases a desenvolver de xeito progresivo que se irán axeitando á dispoñibilidade orzamentaria e sucesivos convenios co Concello de Ribeira.

A primeira fase, en licitación

Rosa Quintana salientou que o proxecto contempla a urbanización do paseo exterior e da coieira. A primeira das fases está xa en licitación e contan un orzamento de 750.000 euros.

Quintana engadiu que o proxecto está a exposición pública na páxina web do ente público e o prazo de presentación de ofertas está aberto ata o próximo 17 de marzo.

As obras desta fase supoñen a intervención nun espazo de 2.000 metros cadrados e en preto de 400 metros en liña da fachada marítima. As actuacións inclúen a mellora do espazo público e da mobilidade mediante a ampliación da zona peonil a carón do mar, sobre a coieira existente, e eliminando a barreira visual que supón o actual muro de peche.

A maiores, crearanse balcóns de pedra e gradas integradas no noiro do paseo, ordenarase a circulación rodada con pasos de peóns elevados e renovaranse os pavimentos e o mobiliario urbano buscando reforzar a súa calidade estética, duración e homoxeneidade dos materiais.

Unha Palmeira vinculada ao mar

No acto, no que tamén participaron a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, o arquitecto David Chipperfield e os técnicos da Fundación RIA que participaron no deseño do anteproxecto, a titular de Mar expuxo as liñas estratéxicas das actuacións previstas no bordo portuario de Palmeira.

O proxecto prevé a reordenación do tráfico e do estacionamento na zona, a recuperación do vínculo co mar e a planificación e deseño do espazo público. Con estas medidas contribúese a eliminar barreiras visuais que impiden gozar plenamente da paisaxe mariñeira e achégase a vila ao mar, para o desfrute de veciños e visitantes de xeito compatible coa actividade portuaria.

Post navigation

Previous: A USC volve a Silleda co programa para maiores de 50 anos
Next: A filloa volveu a ser a protagonista en Boqueixón

Máis novas

Cartel do festival mimarte
2 minutes read
  • Axenda

O Mimarte Fest o 26 en Ribeira

Esplanación na praia de Aguiño en Ribeira
2 minutes read
  • Xeral

Maquinaria pesada arrasa unha zona dunar en Aguiño

Cartel do Bruón Folk Fest
3 minutes read
  • Xeral

Artes, en Ribeira, acollerá o Bruón Folk Fest

ribeira festival murgas e comparsas 2026
2 minutes read
  • Ribeira

Ribeira presenta o festival de murgas e comparsas do Entroido

ribeira jj vaquero 12 xaneiro 2025
2 minutes read
  • Ribeira

O novo espectáculo de JJ Vaquero en Ribeira

concello de ribeira slide
4 minutes read
  • Ribeira

Ribeira anuncia un orzamento de 29 millóns de euros para este ano

compopstela fondos feder 4 outubro 2025
3 minutes read
  • A Estrada

Compostela, Ames, A Estrada e Ribeira  reciben máis de 22 millóns de fondos Feder

Oroso enlace da AP-9 aberto slide 29 xullo 2017_20170728_202331_r
2 minutes read
  • Ames

Os concellos claman pola gratuidade da AP-9

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.