Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ribeira

Analizando a seguridade de Ribeira

A subdelegada, Pilar López-Rioboo; o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz; e o xefe de Policía José Luis Balseiro; abordaron a seguridade cidadá.
seguridade-cidada-en-ribeira-slide-24-novembro-2020_r

Ribeira, 24 de novembro do 2020 – A subdelegada do Goberno da Coruña, Pilar López-Rioboo; o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas; e o xefe superior de Policía de Galicia, José Luis Balseiro; abordaron nunha reunión a situación da seguridade cidadá en Ribeira.

O encontro foi solicitado polo alcalde, atendendo a unha petición aprobada polo pleno do concello na que se manifestaba a preocupación sobre a situación de inseguridade no municipio. Fronte a esta petición o xefe superior de Policía de Galicia confirmou que os índices de criminalidade teñen remitido de maneira importante en aspectos como o delitos contra o patrimonio e os furtos, ademais de rexistrarse un descenso considerable no número de lesións.

Tamén mostrou a súa confianza en que a entrada en funcionamento da nova Comisaría da Policía Nacional permita un maior aproveitamento dos recursos existentes. Tamén entende que o uso das tecnoloxías así o permitirá xa que ao dispoñer dun maior número de cámaras e sensores poderase reordenar o número de axentes, detraendo policías das tarefas propias de custodia e vixilancia.

Pola súa banda, Pilar López-Rioboo subliñou o compromiso do Goberno para traballar no incremento da plantilla da Policía Nacional, que na actualidade conta con 52 efectivos, recuperando así a pérdida producida desde o ano 2011 ata o 2018. Neste sentido, o alcalde foi informado que xa está publicada a vacante da praza de inspector xefe da comisaría, que se espera cubrir nos próximos meses.

O alcalde recoñeceu a eficacia policial pero mostrou a súa especial preocupación polos delitos relacionados co tráfico de drogas e solicitou que se intensifique a acción neste ámbito á vez que pediu tamén un reforzo da Policía Científica.

Tanto a subdelegada do Goberno como o alcalde e o xefe superior da Policía Nacional coincidiron en manifestar a intención común de seguir traballando para mellorar a seguridade e para manter a mellor das colaboracións e coordinacións.

Post navigation

Previous: Reclaman máis seguridade peonil nas canles de derivación do Sar en Padrón
Next: Piden que sexan públicos os horarios do transporte metropolitano de Val do Dubra

Máis novas

Cartel do festival mimarte
2 minutes read
  • Axenda

O Mimarte Fest o 26 en Ribeira

Esplanación na praia de Aguiño en Ribeira
2 minutes read
  • Xeral

Maquinaria pesada arrasa unha zona dunar en Aguiño

Cartel do Bruón Folk Fest
3 minutes read
  • Xeral

Artes, en Ribeira, acollerá o Bruón Folk Fest

ribeira festival murgas e comparsas 2026
2 minutes read
  • Ribeira

Ribeira presenta o festival de murgas e comparsas do Entroido

ribeira jj vaquero 12 xaneiro 2025
2 minutes read
  • Ribeira

O novo espectáculo de JJ Vaquero en Ribeira

concello de ribeira slide
4 minutes read
  • Ribeira

Ribeira anuncia un orzamento de 29 millóns de euros para este ano

compopstela fondos feder 4 outubro 2025
3 minutes read
  • A Estrada

Compostela, Ames, A Estrada e Ribeira  reciben máis de 22 millóns de fondos Feder

Oroso enlace da AP-9 aberto slide 29 xullo 2017_20170728_202331_r
2 minutes read
  • Ames

Os concellos claman pola gratuidade da AP-9

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.