Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ribeira

Asignan gardas aos médicos do centro desaúde de Ribeira por burofax

CIG-Saúde do Barbanza denuncia que o persoal facultativo do Centro de Saúde de Ribeira é obrigado a cubrir as gardas no PAC “a golpe de burofax”.
cig-gardas-medicos-ribeira-slide-normal-24-setembro-2021_r

Ribeira, 24 de setembro do 2021 – CIG-Saúde do Barbanza denuncia que o persoal facultativo do Centro de Saúde de Ribeira é obrigado a cubrir as gardas no PAC “a golpe de burofax”.

Unha situación diante da que solicita a dimisión das persoas responsables da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago-Barbanza, por la mala xestión dos centro de Atención Primaria como o de Ribeira.

Segundo explican, durante boa parte do verán, e máis a miúdo nestas últimas fins de semana, a Xerencia está a obrigar aos traballadores de Primaria de Ribeira a realizar gardas ese mesmo sábado e domingo tirando de burofax, entre as 14:00 e as 15:00 horas.

Todo isto agrava, se cabe, a falla de persoal que xa arrastra o centro desde hai anos, denuncian, porque non se están cubrindo moitas das ausencias que se producen no centro, xa sexa por baixa, permisos familiares ou vacacións. Isto provoca que os facultativos de Primaria, ademais das súas consultas e de ter que cubrir as ausencias dos seus compañeiros, se lles obrigue a cubrir gardas no PAC, moitas veces con notificacións de 24 horas, sen respectar os seus descansos semanais.

CIG-Saúde do Barbanza denuncia a falta de organización da xerencia, ao obrigar a este persoal a realizar estas quendas con notificacións moitas veces con escasas 24 horas de antelación, sobrecargándoos de traballo, o que merma as súas condicións laborais e provoca un desgaste físico que repercute na calidade da atención que se lle pode dar ao doente, por falta de tempo e polo cansazo acumulado, o que pon en risco a súa saúde.

Post navigation

Previous: Vedra arranxou os colexios do concello para o comezo do curso
Next: Reabre o consultorio médico de Abellá en Frades

Máis novas

Cartel do festival mimarte
2 minutes read
  • Axenda

O Mimarte Fest o 26 en Ribeira

Esplanación na praia de Aguiño en Ribeira
2 minutes read
  • Xeral

Maquinaria pesada arrasa unha zona dunar en Aguiño

Cartel do Bruón Folk Fest
3 minutes read
  • Xeral

Artes, en Ribeira, acollerá o Bruón Folk Fest

ribeira festival murgas e comparsas 2026
2 minutes read
  • Ribeira

Ribeira presenta o festival de murgas e comparsas do Entroido

ribeira jj vaquero 12 xaneiro 2025
2 minutes read
  • Ribeira

O novo espectáculo de JJ Vaquero en Ribeira

concello de ribeira slide
4 minutes read
  • Ribeira

Ribeira anuncia un orzamento de 29 millóns de euros para este ano

compopstela fondos feder 4 outubro 2025
3 minutes read
  • A Estrada

Compostela, Ames, A Estrada e Ribeira  reciben máis de 22 millóns de fondos Feder

Oroso enlace da AP-9 aberto slide 29 xullo 2017_20170728_202331_r
2 minutes read
  • Ames

Os concellos claman pola gratuidade da AP-9

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.