Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Muros
  • Porto do Son
  • Ribeira
  • Xeral

A aseguradora está falando cos concellos para encargarse da limpeza dos pellets

A aseguradora do buque que provocou o vertido de pellets falou con distintos concellos para facerse cargo da limpeza ou dos custos da mesma.
pellets-manifestacion-Serea-pellets-Leandro-slide-11-xaneiro-2024_r

Bisbarra, 11 de xaneiro do 2024 – A aseguradora do buque que provocou o vertido de pellets falou con distintos concellos para facerse cargo da limpeza ou dos custos da mesma.

María Lago alcaldesa de Muros

Non hai sen embargo un protocolo establecido. Lindeiros falou con distintos alcaldes e a situación é distinta en cada caso. A rexedora de Muros, María Lago, explica que foi a aseguradora a que se puxo en contacto con eles e que chegaron a un acordo de xeito moi sinxelo

Lago recoñece que se sorprendeu do rápido que foi todo e tamén de que só sucedera en Muros, polos menos ata onde ela sabía

Preguntamos tamén á alcaldesa do feito de que acaba de tomar posesión do cargo e tense que enfrontar a esta crise. María Lago é consciente de que nos concellos pequenos hai que traballar arreo para superar a falta de recursos.

Onte mesmo os responsables que controlan os traballos comunicábanlle que antes da fin de semana contratarían a máis persoal xa que non era suficiente o que tiñan.

En Porto do Son o concello falou co avogado da compañía que foi que contratou á empresa Ardentía Marine, especializada en salvamento marítimo, para a limpeza das praias nas que traballan desde hai días.

En Ribeira o contacto co concello foi por medio dun correo electrónico e na actualidade están establecendo os parámetros da colaboración. Ribeira conta cunha brigada de emerxencias que é a que se está facendo cargo da situación e mesmo controla a costa con drons para alertar da chegada de máis contaminación.

Lindeiros púxose en contacto, a última hora da tarde de este mércores, coa Xunta de Galicia para coñecer si tamén se traballa coa aseguradora para establecer un protocolo unificado e estamos agardando a resposta.

Manifestación en “Defensa do mar”

Unha manchea de organizacións profesionais do sector do mar das rías de Arousa e Muros-Noia xunto con entidades ecoloxistas vimos de convocar unha manifestación en Compostela para o vindeiro 21 de xaneiro.

Imaxe cedida polo artista Leandro Lamas

A manifestación sairá as doce do mediodía da Alameda de Compostela para chegar sobre as dúas e media ao Obradoiro. Os colectivos que asinan a convocatoria denuncian que “a tardanza e o desleixo das administración en facer fronte a esta ameaza”.

Explican que “Novamente, como xa acontecera na catástrofe do Prestige, tiveron que ser os colectivos cidadás e as persoas voluntarias as que en ausencia das institucións saímos ás costas a loitar contra esta marea plástica”.

Os colectivos denuncian así mesmo “a impunidade con que milleiros de toneladas de materiais tóxicos circulan todos os anos diante das costas galegas e a práctica indefensión do noso litoral fronte aos riscos derivados deste tráfico”

Piden tamén á Xunta de Galicia que se publique no DOGA un plano urxente de actuación que inclúa un studo interdisciplinar, independente e integral; un plan de rexeneración dotado economicamente; unha regulación e publicidade do protocolo de desencoros; garantía de cobertura a TODO o sector do mar mentres se manteña o cese de actividade; un plano de actuación contra as verteduras ao mar e aos ríos e o control sanitario das importacións de marisco.

Post navigation

Previous: Comercios en apoio da solidariedade en Compostela
Next: Ames presentou o novo ciclo do programa SaúdeAndo

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.