займ срочно

Recollen sinaturas para a mellora da estrada de Teo a Vedra

0

Teo, 29 de xuño do 2021 – O Partido Popular de Teo inicia unha campaña de recollida de sinaturas para a mellora da estrada provincial DP-8201 que une o concello con Vedra.

O voceiro popular, José Manuel Guerra, é unha demanda histórica da veciñanza que se leva reclamando máis dun lustro. A estrada é unha vía de comunicación fundamental na parte sur do concello.

Guerra lembra que esta vía dá servizo a máis de 2.000 veciños das parroquias de Teo, Oza, Vilariño, Santa María de Teo, Bamonde e Lucí, e que enlaza coa estrada autonómica AC-240 e coa autovía AG-59. O concelleiro engade que “A estrada atópase nun estado moi deficiente con varios puntos de perigo pola escasa visibilidade e porque é excesivamente estreita”.

Tráfico crecente e perigo de accidentes

Os Populares de Teo solicitan o ensanchamento  da calzada en todo o seu trazado, debido  a esa perigosidade e ao tráfico crecente, tanto de turismos, como de vehículos pesados. Asimesmo, esixen a corrección dos puntos máis perigosos, renovando o firme.

No mes de agosto do ano pasado o Deputado Evaristo Ben propuxo no pleno da Deputación un proxecto para ampliar e mellorar a DP-8201 no treito entre a rotonda da autovía, en O Piro (Oza), e Campos (Teo), así como no punto que enlaza coa estrada AC-241 (Ponte Ulla-Pontevea).
Guerra e Ben concordan na “urxencia” dunha actuación que, na opinión de ambos, garantiría a seguridade viaria na zona, xa que a día de hoxe, vese “moi reducida” en varios puntos dos 4,6 quilómetros cos que conta a estrada. “Hai que lembrar, por exemplo, un recente accidente dun autobús escolar, causado polo estreitamento da calzada”, din.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies