Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

A Real Filharmonía recibe a Wu Wei e o sheng

A Real Filharmonía ofrecerá un concerto baixo o título de “A cor da memoria” co virtuoso chinés Wu Wei e o sheng como protagonistas.
real-filharmonia-a-cor-da-memoria-slide-16-abril-2024_r

Compostela, 16 de abril do 2024 – A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá este xoves un concerto baixo o título de “A cor da memoria” co virtuoso chinés Wu Wei e o sheng como protagonistas.

O sheng é un instrumento chinés de máis de 3.000 anos de antigüidade. Trátase dunha harmónica formada a partir de canas de bambú e pechada nun recipiente de metal e, suponse, que soa como o canto da ave Fénix dunha lenda chinesa: prateado e fugaz coma o vento. 

Un instrumento tan especial require tamén dun artistas único como Wu Wei. Un virtuoso que colaborou con distintas orquestras, como a Filharmónica de Berlín, a Filharmónica de Nova York, a Filharmónica de Seoul e a Filharmónica de Los Angeles, entre outras. Alguén capaz de tirar partido do sheng, un instrumento que ofrece infinitas posibilidade en termos de melodía, harmonía, ritmo e polifonía.

A Real Filharmonía de Galicia contará co seu director titular, Baldur Brönimann. O programa inclúe dúas estreas: Ecos vermellos e A cor amarela para sheng e orquestra, sendo a primeira unha co-encarga da RFG e a Euskadiko Orkestra.

Na segunda parte do concerto o público terá a oportunidade de escoitar O paxaro de lume, do compositor ruso Igor Stravinski. Os concertos terán lugar o mércores 17 de abril en Vigo (Teatro Afundación, 20:00 h) e o xoves 18 en Santiago (Auditorio de Galicia, 20:30 h).

 Antes do recital de Santiago, ás 19:45h, o público poderá escoitar as impresións e valoracións acerca das obras da man do director Baldur Brönnimann e do solista Wu Wei nunha nova cita do ciclo ‘Conversando con…’.

Entradas á venda

As entradas para o concerto de Santiago poden mercarse no despacho de billetes da Zona C ou na web de Compostela Cultura a un prezo de 18€. Por outra banda, para o espectáculo que terá lugar en Vigo, as entradas estarán dispoñibles a través da plataforma Ataquilla desde os 11,70€.

Post navigation

Previous: O Son do Camiño no horizonte
Next: Peleteiro volve ao inicio

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.