займ срочно

O Psoe de Ordes espera que Isabel Zendal se converta en filla predilecta do concello

0

[columns]
[column size=”2/3″]O PSOE celebra a concesión do premio de Enfermería en Desarrollo a Isabel Zendal e agarda que sexa nomeada filla predilecta de Ordes por unanimidade no vindeiro pleno [/column]
[column size=”1/3″]Fonte: Psoe Ordes[/column]
[/columns]

O médico Jean Louis Alibert  vacúa a un neno seguindo os pasos de Edwar Jenner  Óleo por Constant Desbordes 1820

O médico Jean Louis Alibert vacúa a un neno seguindo os pasos de Edwar Jenner
Óleo por Constant Desbordes 1820

Ordes, 24 de novembro do 2016 – A Agrupación Socialista de Ordes celebra a concesión do premio especial Enfermería en Desarrollo a Isabel Zendal, “unha figura moi importante tanto para Ordes como para todo o mundo polo seu labor na erradicación da viruela, xa que foi un dos piares da expedición filantrópica que entre 1803 e 1814 distribuíu polo mundo a primeira vacina da historia contra esta enfermidade”, explica Verónica Gómez, voceira dos socialistas ordenses. Un premio que coincide en tempo coa posibilidade do nomeamento de Isabel Zendal como filla predilecta do Concello de Ordes a título póstumo, cuestión que se debaterá a próxima semana durante a sesión plenaria ordinaria de novembro.

Verónica Gómez espera que o nomeamento de Isabel Zendal como Filla Predilecta do Concello de Ordes “pois acadar o apoio unánime do Pleno, pois foron moitas horas de traballo tanto meus como do anterior concelleiro socialista, Xesús Pedreira, canda Antonio López, a quen lle temos que estar moi agradecidos porque o seu labor foi fundamental para rematar a instrución deste expediente”.

Neste sentido, compre lembrar que en xaneiro de 2015, o daquela concelleiro socialista Xesús Pedreira solicitara o título de Filla Predilecta a título póstumo para Isabel Zendal, cuestión que non fora aprobada polo Grupo de Goberno, quen se remitiu á tramitación dun expediente para o devandito nomeamento. Un expediente que quedou paralizado co cambio de Goberno, polo que os socialistas reiteraron a súa petición en setembro de 2015 e en febreiro de 2016, data na que se nomeou a Verónica Gómez como a concelleira encargada de instruír o expediente para nomear a Isabel Zendal como Filla Predilecta de Ordes. O resultado desta instrución foi presentado o mes pasado por Antonio López e a propia Verónica López.

A voceira socialista considera suficientemente probado que Zendal naceu na parroquia de Santa María de Parada, como proban as investigacións realizadas polo investigador Antonio López, e que son moitas as razóns que xustifican o nomeamento pois “esta veciña da Grela foi a única muller que participou na Expedición Filantrópica do doutor Balmis para distribuír de xeito gratuíto a primeira vacina contra a viruela por todo o mundo”. De feito, Zendal acumula máis recoñecementos fóra de España ca na súa terra. A Organización Mundial da Saúde ten recoñecida a Zendal como a primeira enfermeira da historia en misión internacional e México considéraa a primeira enfermeira da historia da saúde pública do país, onde dende 1975 dá nome á medalla ao mérito en enfermería “Isabel Cendala Gómez”, así como á Escola de Enfermería de San Martín de Texmelucan (Puebla).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies