займ срочно

Propoñen a construción dunha área de autocaravanas en O Pino

0

O Pino, 24 de xuño do 2021 – O Grupo Municipal Socialista do Pino vén de rexistrar unha iniciativa solicitando a construción dunha área de servizos para autocaravanas.

Os socialistas explican que o turismo de autocaravanas conta cada vez con máis seguidores. Engande que  “tras a pandemia colleu máis impulso, cremos que o termo municipal do Pino, con un amplo trazado do Camiño Francés, debe ofrecer este tipo de infraestrutura para todos aqueles turistas e peregrinos que optan por esta maneira de viaxar”.

Así mesmo, están convencidos que brindar este servizo aos visitantes podería servir como reclamo para incentivar a economía local, “o turismo relacionado co Camiño de Santiago é unha das principais fontes de riqueza do noso concello, e temos o deber de coidalo e potencialo xa que o visitante que durme aquí, sempre gasta algo aquí”, manifestan.

Custo do proxecto 50.000€

O Psoe calcula que o investimento necesario estaría próximo aos 50.000€.  Propoñen que o financiamento xurda dun convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de O Pino co fin de mellorar as infraestruturas turísticas do termo municipal.

Esta iniciativa, dos Socialistas, será sometida a debate e posterior votación na sesión plenaria ordinaria a celebrar o vindeiro 30 de xuño de 2021.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies