займ срочно

O XXIV Concurso de Disfraces do Pino celebrarase o  domingo 11 de febreiro

0

Bisbarra, 2 de febreiro do 2024 – O Pino prepara a celebración do XXIV Concurso de Entroido para o domingo 11 de febreiro, cun arranque previsto para as 17.30 horas na Praza do Concello.

No concurso de disfraces de Entroido repartiranse un total de 2.300 euros en premios. A inscrición poderá facerse preferiblemente e con anterioridade á data do concurso por medios telemáticos ou no rexistro; ou ben na propia Praza do Concello unha hora antes do inicio do certame.

O concurso do Entroido 2024 inclúe sete categorías competitivas, cada unha delas con premios en metálico para recoñecer o talento e a creatividade dos participantes. Na categoría infantil (ata 12 anos), as gratificacións serán de 150 € para o primeiro posto e de 100 € para o segundo. Na categoría individual, o premio ascende a 150 €, mentres que na categoría de parella os gañadores levarán para a casa 200 €. Os grupos optarán a un premio de 300 €, as comparsas a 700 € e as carrozas a 500 €. Ademais, o galardón ao disfrace máis orixinal ascende a 200 €.

Seguindo as bases do Concurso, considerarase grupo cando se reúnan máis de 3 e menos de 9 participantes, todos eles representando un mesmo tema. As comparsas, por outra banda, deberán ter polo menos 10 integrantes e poderán ofrecer un breve espectáculo de 3 a 4 minutos no escenario, con posibilidade de utilizar música traída nun CD ou pendrive, indicándoo na solicitude e facilitándollo á organización antes do inicio do concurso.

Para a categoría de carrozas, será necesario xuntar un mínimo de 4 participantes representando un tema enriba dun móbil. No escenario, poderán realizar un espectáculo breve de 3 a 4 minutos. Lembramos que se considera carroza calquera estrutura remolcada por un vehículo motorizado ou construída sobre el, cunha decoración especial e cunha elaboración coidada, cun mínimo de dúas rodas e capaz de transportar a todos os participantes.

O xurado valorará a orixinalidade do vestiario, a estética, a creatividade, a elaboración dos disfraces, comparsas e carrozas (que sexa un traballo feito a man e que empreguen materiais de refugallo). Tamén se terá en conta a posta en escena, a animación musical, a capacidade de interacción co público, a mobilización de masas, a sátira e a crítica social construtiva, ademais do uso do galego tanto oral como escrito.

A participación require a formalización da inscrición mediante a entrega da solicitude correspondente. Estas poden presentarse previamente tanto na sede electrónica do Concello como no rexistro municipal, en horario de 8.30 a 14.00 horas, de luns a venres. Tamén existe a posibilidade de anotarse na propia Praza do Concello a partir das 16.30 horas, antes de comezar o certame. O período de inscrición comezará ao día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e rematará o 11 de febreiro de 2024, antes do inicio do concurso.

A información completa sobre as bases do XXIV Concurso de Disfraces 2024, así como os formularios de inscrición, pódense consultar na web municipal www.opino.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies