Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • O Pino
  • Xeral

Preocupación no Pino por unha casa en mal estado

O pleno municipal do Pino deixou clara, unha vez máis, a preocupación polo mal estado dunha casa abandona en pleno centro urbano de Arca.
o-pino-psoe-risco-vivenda-slide-1-abril-2024_r

Bisbarra, 1 de abril do 2024 – O pleno ordinario do concello do Pino deixou clara, unha vez máis, a preocupación polo mal estado dunha casa abandona en pleno centro urbano de Arca.

O Psoe do Pino sacou de novo o tema de esta casa situada en pleno centro de Pedrouzos, por onde pasa o camiño de Santiago. Os socialistas pediron unha vez máis que se tomen medidas polo risco evidente que supón para todos os peregrinos e veciños que pasan pola zona.

A vivenda atópase en ruínas e este inverno, hai pouco máis dun mes, acabou por caerlle o tellado. Os propietarios do inmoble emigraron no seu día e presuntamente están en paradoiro descoñecido. A normativa actual obrigaría ao concello a asumir de forma subsidiaria os arranxos precisos para evitar os riscos que supón. Ademais a casa filtra auga cara ao edificio anexo que reclama tamén unha solución.

Os socialistas do Pino levaron este tema en distintas ocasións ao pleno do concello sen éxito. En esta ocasión o alcalde, Manuel Taboada, volveu a comprometerse a poñerlle solución aínda que desde o PSdeG  móstranse cautos xa que “non é a primeira vez que adquire dito compromiso sen levalo a cabo”.

O Psoe tamén puxo o foco sobre a liquidación do orzamento municipal do ano 2023 que deixa un remanente positivo de tesourería de 774.302,16 euros. Os socialistas engaden ao fío de estes datos que “non entendemos que con máis de setecentos mil euros na caixa non se solucione un risco para a veciñanza e os peregrinos como o que supón esta casa en ruinas”

Prorroga do SAF e liquidación orzamentaria

O Pleno do Pino prorrogou en esta sesión o contrato do Servizo de Axuda no Fogar para outra anualidade. O SAF mantense nos mesmos termos no que foi adxudicado: 486.812 euros anuais para 21.898 horas de atención.

A Xunta concedeu 1.300 horas máis aínda que o alcalde do Pino, Manuel Taboada, dixo que “Agora teremos que analizar se se pode facer unha ampliación do contrato, para incorporar, a maiores, estas horas de atención”.

Tamén por unanimidade, o Pleno aprobou propoñer unha modificación do PXOM para cualificar unha parcela na parroquia de Arca como so urbano consolidado, dando así cumprimento a unha sentencia do TSXG, que estimou o recurso presentado pola propietaria de dita parcela.

Post navigation

Previous: Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia
Next: A USC organiza a Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.