займ срочно

Máis de corenta participantes no primeiro torneo de tenis praia de Noia

0

Noia, 20 de agosto do 2018 –  A primeira edición do Torneo Tenis Praia de Noia, celebrado este sábado nas pistas de volei-praia do Paseo Marítimo, reuniu a máis de corenta participantes.

O praia de Noia acolleu as categorías  infantil, individual (masculino e feminino) e dobres (masculino, feminino e mixto). Un evento que estivo organizado polo Club Master Tenis Noia, en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello.

O coordinador do torneo, Rubén Seijo, asegura que “estamos moi contentos da participación acadada, sobre todo porque é a primeira vez e había moito descoñecemento do que era isto. De feito, houbo xente que non entendía que se fose xogar ao tenis na praia, xa que a bola non botaría na area, e cando nos viron se deron conta de que non é máis co xogo das palas de praia de toda a vida e ao que todo o mundo pode xogar”.

O torneo comezou ás 10:00 horas do sábado e durante a xornada de mañá disputáronse os encontros da fase de grupos, de xeito que pola tarde foia a quenda das eliminatorias e finais. “É un deporte no que pode participar todo o mundo, que se xoga ao aire libre e é moi divertido”, explica Rubén Seijo, quen adianta que “tanto a experiencia como a reacción da xente foron moi positivas polo que estamos seguros de repetir, incluso varias veces ao longo do ano”.

O primeiro torneo de Tenis Praia de Noia está organizado polo Club Master Tenis Noia e Rubén Seijo, actividades dirigidas y ocio. Conta coa colaboración do Concello de Noia, Liceo de Noia, Rekord Sport, Cafetería Equs, Lupyta, Exdeal, Gadis,. Romero Hermo e Restaurante Mamma Mía.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies