Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Boiro
  • Lousame
  • Noia
  • Xeral

Melloras na estrada que conecta Noia con Boiro por Lousame

A Deputación da Coruña ven de rematar as obras de mellora no primeiro tramo da DP-1105 que une Noia e Boiro polo concello de Lousame.
depu-visita-institucional-noia-slide-3-novembro-2023-(1)_r

Bisbarra, 3 de novembro do 2023 – A Deputación da Coruña ven de rematar as obras de mellora no primeiro tramo da DP-1105 que une Noia e Boiro polo concello de Lousame.

Os traballos afectaron aos primeiros 5,5 quilómetros e recibiron un investimento de máis de 606.000 euros. A segunda fase, que xa está a punto de ser adxudicada conta cun orzamento de 923.074 euros e continuará a renovación do firme do vial ata o quilómetro 13.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, explica que “con esta intervención buscamos garantir a seguridade dos usuarios desta estrada, que está situada nunha zona moi concorrida de tránsito rodado e con continuo movemento os 365 días do ano”.

Subliñou ademais a importancia que supón a mellora deste vial, “posto que é unha conexión estratéxica, que enlaza os concellos de Boiro, Noia e Lousame, e ademais supón a saída do Barbanza, tanto en dirección norte como cara a provincia de Pontevedra”.

Visita institucional

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou unha visita ao Concello de Noia para comprobar de primeira man algúns dos investimentos realizados pola entidade provincial no municipio, tanto no ámbito social como en infraestruturas.

Na visita tamén participaron a deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez e a deputada de Servizos Sociais, Mar García Vidal, que xunto a Formoso foron recibidos polo rexedor local, Santiago Freire, e os concelleiros Francisco Pérez Caamaño, Sandra González Castro, Laura Salgado, Ricardo Suárez e María Insua.

A comitiva achegouse ata a rúa Anxo Senra, onde a Deputación está a executar un proxecto de renovación e acondicionamento do espazo, cun investimento de 215.000 euros. Con esta obra preténdese crear un aspecto máis humanizado e accesible para os veciños e veciñas. No acceso da rúa crearase unha pequena praza para poder incluír un espazo verde con magnolias, reorganizarase o aparcamento, executaranse unhas beirarrúas novas e colocaranse bases para as árbores ao longo destas.

Formoso indicou que “realizamos esta obra co obxectivo de crear un espazo máis humanizado, accesible e atractivo, no que os habitantes de Noia, se sintan a gusto e cómodos”. O presidente provincial incidiu en que “acometemos esta actuación con materiais que teñen un fácil mantemento, coa intención de que o seu bo aspecto e coidado perdure no tempo”.

Visita á asociación Misela

A xornada rematou coa visita á Asociación Misela, que presta atención a persoas con discapacidade e conta con 30 anos de experiencia á hora de fomentar a autonomía persoal e a mellora de vida dos seus usuarios e usuarias. Formoso interesouse pola súa actividade, que conta co apoio da Deputación da Coruña a través das liñas de axudas a entidades de servizos sociais.

O presidente provincial destacou “o importante labor social que realiza a asociación á hora de promover a autonomía dos seus usuarios e usuarias e o investimento social nas persoas con discapacidade” e subliñou que “é un orgullo poder apoialos desde a Deputación.Durante o ano 2023 destinamos 44.000 euros para financiar os gastos desta asociación, como pizarras electrónicas, material deportivo e ferramentas para os obradoiros de horticultura, entre outras, que facilitan a actividade deste centro social”.

Grazas á colaboración da área de Política Social da Deputación, tamén se fai posible a realización de obradoiros e actividades de estimulación sensorial, física e cognitiva, que melloran a calidade de vida destas persoas. Segundo explicaron desde a entidade, a institución dá servizo a máis de 100 persoas con discapacidade de todas as franxas de idade de distintos concellos da comarca de Barbanza.

Post navigation

Previous: Desencontro entre a hostalería e o concello de Santiago co departamento do urbanismo no centro da polémica
Next: Éxito de publico e de traballo na quinta edición do Fairway

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.