TEO TURISMO
займ срочно

Adxudícanse as obras da depuradora de auga potable de Noia

0

Bisbarra, 27 de marzo do 2024 – A Xunta de Galicia ven de adxudicar a a execución das obras de mellora da estación de tratamento de auga potable de Noia.

O importe dos traballos ascende a 1.269.973 euros e ten un prazo de execución de seis meses. O obxectivo é mellorar o sistema de abastecemento de Noia. A intervención na estación potabilizadora aumentará a súa capacidade dos 15.000 habitantes actuais ata os 24.000.

Noia modernizará a planta de tratamento de auga potable, que na actualidade non está automatizada, carece de pretratamento previo e ten problemas no sistema eléctrico.

Os traballos consistirán na instalación dun pretratamento completo, de dúas bombas somerxibles, a automatización do proceso, a execución dunha nova liña de lodos, a instalación dun bombeo de recirculación para a desinfección e a reforma do circuíto hidráulico e da instalación eléctrica.

A actuación en Noia  está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) Galicia 2014-2020.

A mellora forma parte das actuacións da Xunta para apoiar ao Concello de Noia na xestión dos servizos da auga de competencia municipal, ás que se engade a execución da mellora da depuradora de augas residuais, cun investimento de máis de 2,3 M€.

En total, a Xunta está a investir 3,6 M€ para a mellora das infraestruturas hidráulicas deste municipio coruñés.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies