Compostela, 26 de xaneiro do 2024 – O Partido Popular de Santiago levará ao vindeiro pleno municipal unha moción pedindo que se implemente a plataforma Bizum como medio de pago no concello.
O vicevoceiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, explica que “o Concello de Santiago non pode quedarse atrás no avance das novas tecnoloxías, o que implica novos métodos de pago moito máis sinxelos e sen custe asociado, como o caso de Bizum, o que supón unha administración máis achegada aos seus administrados”.
Bizum é unha plataforma integrada por 34 entidades bancarias do país. Desde o seu nacemento realizáronse a través dela 700 millóns de operacións. O respaldo das entidades ofrece seguridade pero ademais ten a vantaxe de non cobrar comisións fronte a outros modelos como o de transferencia.
Este método xa o empregan moitas administracións como as Axencias Tributarias de Galicia, Cataluña, Baleares, as Deputacións de Valencia, Córdoba ou Palencia, ademais dos Concellos de Valencia, Bilbao, Burgos, Salamanca, Ciudad Real, Jerez, Toledo e Zaragoza, entre outros. Os de Madrid e Barcelona traballan na actualidade na modificación da súa plataforma de pago.
Para Constela “o Concello de Santiago non pode quedarse atrás no avance das novas tecnoloxías, o que implica novos métodos de pago moito máis sinxelos e sen custe asociado, o que supón unha administración máis achegada aos seus administrados”.