займ срочно

Poesía, xadréz, deportes ou cine no Nadal de Negreira

0

Negreira, 14 de Nadal do 2017 – O acendido da iluminación de Nadal nas rúas do pobo o marcou o comezo da programación elaborada polo concello de Negreira para estas datas.

O cartel do Nadal de Negreira esta ilustrado co debuxo aos nenos da aula de Infantil de 4 anos B do CEIP O Coto, gañadores do Concurso realizado para este cometido.

 Na compreta programación de Nadal 2017/18 non faltan citas teatrais, de clown, festivais de música, obradoiros infantís, sendeirismo, o fallo dos premios do certame de poesía Ardeiro, torneos de xadrez, pádel ou kárate, e ata cine e como principal novidade, a primeira Carreira Popular do Turrón.

DiverNadal   

 Os obradoiros de manualidades infantís celebraránse nos seguintes días: 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2,3, e 4 de xaneiro no Centro Sociocultural. As familias deben anotar aos seus fillos na Delegación de Cultura e Deportes, polas mañás.

A programación do Nadal de Negreira

Sábado 14

Festival do CEIP O Coto (12 h), no Auditorio do Centro Sociocultural

Venres 15

Teatro do Noroeste representa a súa obra Estado de graza (21 h), no Auditorio.

Sábado 16

Chega o Belén de cumios, cun roteiro de sendeirismo que partirá do campo dá feira (10 h), e pola tarde, a Escola Municipal de Teatro representa a obra: Eu tamén quixen ser do Equipo A (17:30 h), no Auditorio.

Doimingo 17

 Gran Festival de Nadal no Auditorio a partir das seis da tarde.

Xoves 21

Audición dos alumnos da Escola Municipal de Música (18 h)

Venres 22

Fallo do Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro, coa actuación do grupo de música tradicional Oîma (19:00 h). Ese mesmo día, os nenos da Escola Infantil recibirán a visita de Papá Noel.

 Sábado 23

Torneo de xadrez pola tarde na Casa da Cultura

Martes 26

Cine de Nadal no Auditorio (18 h). Actuación de clown con Menú magnífico, cos actores Fran Rey e Pedro Brandariz (20 h).

Sábado 30

I Carreira Popular do Turrón, de 4 quilómetros, con saída e meta na rúa de Castelao (16:30 h).

 Ano novo

Martes 2

 Cine de Nadal na Casa da Cultura (18 h)

Venres 5

Gran Cablgada dos Reis Magos, coa recepción ás seis da tarde na Casa do Concello, e posterior entrega de agasallos no Pavillón do CEIP O Coto. Na festividade de Reis desputarase un Torneo de Pádel, con alumnos da Escola de Pádel, en Pedra Mámoa.

sábado 27

XXVI Torneo de Kárate O Coto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies