займ срочно

Pleno de ratificación de convenios en Rois

0

Rois, 6 de xullo do 2021 – O Pleno ordinario de Rois serviu para ratificar distintos convenios con distintos concellos ademais de condear a agresión que rematou coa morte de Samuel Luíz.

O primeiro dos convenios marcará o traballo conxunto con Padrón e Dodro para impulsar un obradoiro de garantía xuvenil. ‘Xuventude en acción 2021’ formará quince mozos de 18 a 30 anos na creación de páxinas web. Terá unha duración dun ano e está financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade, e o Fondo Social Europeo, con 340.000 euros.

Tamén se ratificou o convenio co Concello de Dodro para solicitar unha subvención para mellorar infraestruturas, dotación e equipamentos vinculados á prestación dos servizos municipais do Concello de Rois durante 2021.

O terceiro convenio ratificado foi o asinado con Padrón e Dodro para a solicitude da subvención da Secretaría Xeral de Igualdade para manter en funcionamento o Centro de Información á Muller (CIM) supramunicipal.

Rexeitamento da agresion en Coruña

O Pleno da Corporación de Rois amosou o seu rexeitamento e a máis enérxica condena pola violencia que provocou a morte do mozo coruñés Samuel Luiz, despois de recibir unha brutal malleira. O Concello trasládalle as condolencias á familia e agarda que este tipo de situacións non se volvan a repetir nunca. Un acordo unánime apoiado polos tres grupos da Corporación,

Mocións

A moción presentada polo Partido Popular condenando os indultos aos líderes independentistas cataláns e solicitando a dimisión do presidente do Goberno, por considerar que esta medida é contraria a sentencia do Tribunal Supremo e crea cidadáns de primeira e segunda categoría foi aprobada cos votos a favor do grupo de goberno (PP). A oposición (PSdeG e BNG) votou en contra ao considerar que os indultos están recollido no ordenamento xurídico nacional.

O PP rexeitou a moción socialista de crear reunión informativas polas parroquias para coñecer o interese da veciñanza na realización dunha parcelaria.O grupo de goberno explicou que coa nova Lei de recuperación da terra agraria de Galicia ábrense novas posibilidades para conseguir os mesmos obxectivos dun xeito moito máis rápido.

Tanto Psoe como BNG rexeitaron esta explicación xa que a Lei funcionará dun xeito semellante ao antigo bando de terras e a propiedade dos terreos non varía; a parcelaria sen embargo modifica a distribución e reduce o minifundismo que, no caso da Lei de recuperación, seguirá existindo na práctica.

A instalación dunha marquesiña na parada de autobuses de Urdilde, as obras de mellora do campo de fútbol de O Pino e a ampliación da escola infantil A Galiña Azul foron algúns dos temas tratados no capítulo de rogos e preguntas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies