займ срочно

Pleno denso en Ames que remata sen conseguir cotar todos os puntos

0

Ames, 1 de febreiro do 2021 – O concello de Ames celebrou o último pleno de xaneiro cxunha orde do día cargada de asuntos e que non foi capaz de completar ao chegar a media noite.

Quedaron fora tamén os rogos e preguntas e sen embargo debatéronse distintas mocións de temas non relacionados de xeito directo co concello e si con peticións ao goberno central e a Xunta de Galicia.

Crédito extraordinario

Ames aprobou por unanimidade un crédito extraordinario de 116.509,57 euros que se destinará ás axudas incluídas no Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña. A cantidade é a parte do concello e que complementa a da Deputación que ascende a 466.038,29 euros.

Como o orzamento do concello está actualmente prorrogado, e a aportación farase en base ao remanente municipal destinado a gastos xerais, é preciso utilizar a fórmula de crédito extraordinario para dotar de fondos ao Pel xa que a Deputación ten previsto conceder as axudas a finais de febreiro.

Plan de continuidade da prevención de incendios forestais

O Pleno aprobou tamén por unanimidade o Plan de continuidade da prevención de incendios, mediante a plantación de frondosas caducifolias nas faixas de xestión de biomasa.

O Plan foi aprobado no 2017 cunha vixencia de 4 anos e comprendía o período 2017-2020. Unha vez rematado dito período cumpría renovar o plan para darlle continuidade de cara o período 2021-2024. Ata o momento actuouse en 188 parcelas (15,27 hectáreas) e plantáronse 3.611 árbores. 

O importe que se dedicará ao Plan de plantación de frondosas caducifolias nas faixas de xestión de biomasa para o inverno de 2020-2021 ascende a un total de 79.414,15 euros, repartidos en 41.413,95 de persoal; 32.000 euros para os traballos de plantación en 12,78 hectáreas con 4.260 árbores; e un custo de mantemento de plantacións do ano anterior que ascende a 6.000 euros. A estimación dos prezos dos traballos forestais está baseada na Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de xestión de biomasa nos espazos definidos como redes secundarias de faixas conforme á legalidade.

Expediente de investigación patrimonial dun camiño de Castrigo

Outro dos temas aprobados por unanimidade en Ames foi o expediente de investigación patrimonial dun camiño de Castrigo. A través dun decreto de Alcaldía, aprobado o pasado 15 de outubro, acordouse o inicio dun expediente administrativo de investigación patrimonial sobre o devandito camiño. Unha vez finalizado o expediente administrativo a Corporación municipal aprobou declarar que este camiño non é un ben de dominio público propiedade do Concello de Ames.

Propostas aprobadas por maioría absoluta

No apartado de propostas aprobouse por maioría absoluta a presenmtada polo grupo municipal popular en apoio da autonomía financeira de Galicia. Esta proposta saíu adiante co voto a favor do Partido Popular, BNG, e do concelleiro de Ciudadanos, José Ramón Oulego. Os/as concelleiros do PSdeG-PSOE e mailo concelleiro do grupo mixto, Quique Costas, de Ames Novo, abstivéronse.

A segunda proposta aprobada por maioría absoluta foi a presentada polo grupo socialista e que recolle a creación dun fondo extraordinario destinado ás corporacións locais nos orzamentos da Xunta para á loita contra a pandemia da Covid.

Foi aprobada co voto a favor dos concelleiros/as do Psoe, BNG, Contigo Podemos, e do concelleiro do grupo mixto, Quique Costas, de Ames Novo. Os concelleiros do grupo municipal popular votaron en contra, mentres que o concelleiro do grupo mixto, José Ramón Oulego, de Ciudadanos, abstívose..

Moción de urxencia

Neste pleno había seis mocións presentadas por vía de urxencia, que non deu tempo de abordar. Na primeira moción, presentada polos partidos políticos que forman o Goberno municipal (PSdeG-PSOE, BNG e Contigo Podemos) solicitouse a reposición da liña de autobús de Ortoño con Santiago de Compostela. Esta moción foi aprobada por unanimidade de toda a Corporación municipal.

O grupo municipal do BNG presentou unha moción para a mellora da UCI-A do Hospital de Santiago, na que o O Concello de Ames solidarízase coas demandas do persoal da UCI do CHUS en folga e reclámalle á Xunta que realice, de urxencia, as melloras nas UCI-A para favorecer as condicións de saúde laboral destes/as profesionais que están en primeira liña na atención sanitaria da Covid-19. Esta moción foi aprobada por unanimidade de toda a Corporación municipal.

O grupo municipal popular presentou unha moción por vía de urxencia en apoio á creación dun fondo de cooperación galego Covid-19. O grupo municipal socialista solicitou que se retirase o segundo punto da moción e que quedase encima da mesa debido á reunión que tiñan ao día seguinte a Xunta de Galicia, Deputacións, FEGAMP e representantes do sector hostaleiro, sobre a creación dun fondo común de rescate á hostalaría fronte á crise da Covid. Finalmente, a proposta quedou encima da mesa co voto a favor dos concelleiros e concelleiras do Goberno municipal, mentres que os edís do Partido Popular e o concelleiro do grupo mixto, José Ramón Oulego, de Ciudadanos, votaron en contra. O concelleiro do grupo municipal mixto, Quique Costas, de Ames Novo, abstívose.

Por último, debateuse outra moción, presentada polo grupo municipal popular, para instar ao Goberno de España a poñer en marcha determinadas medidas para rebaixar o prezo da luz. Esta moción non puido votarse porque durante o seu debate levantouse o pleno ao chegar á media noite.

Ademais, quedaron dúas mocións sen debaterse. Unha presentada polos grupos municipais do partido Popular e do grupo mixto para a constitución da comisión sectorial de educación, e outra do grupo municipal de Ciudadanos para garantir a máxima transparencia e cumprimento do protocolo de vacinación e asegurar o cesamento dos políticos que o salten e cometan calquera tipo de irregularidade asociada ao proceso ou á orde de vacinación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies